Eventos
1.- As solicitudes de certificacións ( académicas, de matrícula, celgas … ) diríxiranse preferiblemente ao correo electrónico do centro – ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal- indicando na solicitude un número de teléfono por se é preciso contactar co interesado. Tamén se poden solicitar chamando o teléfono do centro – 881867126-. Unha vez feitas enviaranse por correo eléctronico ou correo postal.
2.- Ata novo aviso non se poderán recoller títulos no instituto, se precisa algunha xustificación dos seus estudos siga as instruccións do punto 1.
3.- Consulte a páxina web do instituto, na que estará dispoñible toda a información sobre os distintos procedementos que se vaian abrindo.
4.-Antes de acudir presencialmente ao instituto, pregámoslles que nos chamen telefónicamente para concertar cita.
5.- En caso de acudir ao centro, polo ben de todos, pregámoslles que usen mascarilla.
Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional os departamentos didácticos e equipos docentes do IES Xulián Magariños adaptaron as programacións didácticas de cada materia e curso ás excepcionais circunstancias presentes.
Nos arquivos adxuntos poñemos á disposición do alumnado e familias ditas adaptacións, que inclúen os estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles, os instrumentos e procedementos de avaliación da terceira avaliación e o procedemento seguido para a obtención da cualificación final na convocatoria ordinaria de xuño.
NOTA: Detectouse un erro na P.D. do departamento de Bioloxía. Na páx. 54 onde pon 1º BAC debería ser 2º BAC e onde pon Bioloxía e Xeoloxía debería ser Bioloxía.
nota: Aqueles arquivos que o navegador non abra directamente son arquivos comprimidos .ZIP. Pode descargalos e descomprimilos no seu ordenador.
Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita
O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.
Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano.
Ligazón á información na web da Consellería
IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432
O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas:
Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias.
Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto
Formulario precuberto de exemplo
Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso
É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso.
O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos.
POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO:
Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P
Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z
A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca
Ligazón a páxina WEB da CIUG onde podedes descargar o impreso de matrícula e o impreso das Taxas.
Lembrade que para poder matricularse na ABAU hai que ter aboado tamén os dereitos de Expedición do Título.
(como encher o impreso de taxas do título)
Condsellería de Educación, Universidade e F.P. Código 07
Delegación de : Servizos Centrais Código 13
Servizo de : Ensino Medio Código 03
Taxa denominación : Expedición de títulos Código 302003
O prezo 2020 é de
52,94 // 26,60 // 0 para título de bacharel ou técnico superior (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)
21,64 // 10,84 // 0 para título de técnico (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)
Pódese encher o impreso online en:
http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
O prazo de solicitudes é do 1 ao 12 de xuño
Requisitos das persoas solicitantes:
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na LOMCE (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
A avaliación final ordinaria de 2º de bacharelato terá lugar o vindeiro luns día 8 de xuño, e as notas serán recibidas polo alumnado ou os seus representates legais por medio da aplicación Abalar ás 20:00 horas deste mesmo día.
A partir dese momento poden poñerse en contacto co seu profesorado, vía correo electrónico, para solicitar aquelas aclaracións que consideren oportunas.
Se considerasen que éstas non son suficientes, o prazo de reclamacións oficiais será de dous días (10 e 11 de xuño de 2020, ata as 14.00 horas), durante os cales deberán presentar escrito, preferentemente por correo electrónico, ante a dirección do centro. A este efecto poden atopar o impreso de reclamacións na páxina web do IES (no apartado: FORMULARIOS DE RECLAMACIÓNS). Descargarán e cubrirán o impreso e o enviarán ao correo electrónico ies.xulian.magarinos@edu.xunta.es dentro dos plazos establecidos. A dirección do centro someterá as reclamacións á consideración do departamento correspondente, que emitirá unha resolución motivada, seguindo as instrucións publicadas pola Consellería e que poden atopar no mesmo apartado da web do centro.
A Dirección
Informamos dos días de atención ao alumnado que se incorpora en 1º ESO e necesita presentar a solicitude de Fondo Libros:
- Mañá venres 5 atenderemos as familias do alumnado co primeiro apelido que comence coas letras A-G
- O luns 8 acudirá ao centro o alumnado co primeiro apelido que comence coas letras H-P
- O martes 9 atenderemos ao alumnado co primeiro apelido entre Q-Z
Pregamos respeten estes días pois trátase de minimizar o risco de infeccións evitando aglomeracións na entrada do instituto.
Lembren o uso de mascarilla, desinfectar as mans ao entrar e manter as distancias de seguridade.
Moitas grazas.
Ligazón ao protocolo de realización das probas ABAU 2020. Prestade moita atención as normas hixiénico -sanitarias.
A destacar:obriga de uso de máscara, recomendación de xel hidroalcohólico individual, orden e distancia nas filas de acceso.
NON ESQUECER: etiquetas adhesivas, DNI, resgardo de matrícula, xustificante de pagamento, máscara, bolígrafo azul ou negro.
SE PODE LEVAR TAMÉN: Xel hidroalcohólico, panos de usar e tirar e bebida en botella transparente sen etiquetado nin identificación.
MATERIAL ESPECÍFICO: Dicionario latín- español/galego // dicionario grego-español/galego, // material de debuxo e pintura // calculadora non programable e sen capacidade gráfica
NON SE PODE ACCEDER Á AULA CON teléfono móvil, reloxo dixital ou calqueta outro dispositivo electrónico activado