Eventos
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Abrimos un espazo para que a comunidade educativa nos faga chegar as súas preguntas sobre o desenvolvemento do curso académico neste terceiro trimestre.
Para consultar as preguntas e respostas xa publicadas non ten que identificarse, entre como convidado.
Para facer unha pregunta terá que identificarse co usuario comunidade e o contrasinal Negreira.
IR AO FORO DE DÚBIDAS SOBRE A TERCEIRA AVALIACIÓN E FINAL DO CURSO
1.- As solicitudes de certificacións ( académicas, de matrícula, celgas … ) diríxiranse preferiblemente ao correo electrónico do centro – ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal- indicando na solicitude un número de teléfono por se é preciso contactar co interesado. Tamén se poden solicitar chamando o teléfono do centro – 881867126-. Unha vez feitas enviaranse por correo eléctronico ou correo postal.
2.- Ata novo aviso non se poderán recoller títulos no instituto, se precisa algunha xustificación dos seus estudos siga as instruccións do punto 1.
3.- Consulte a páxina web do instituto, na que estará dispoñible toda a información sobre os distintos procedementos que se vaian abrindo.
4.-Antes de acudir presencialmente ao instituto, pregámoslles que nos chamen telefónicamente para concertar cita.
5.- En caso de acudir ao centro, polo ben de todos, pregámoslles que usen mascarilla.