Eventos
A partir de mañá venres suspéndense as actividades lectivas. Mañá haberá transporte pero a asistencia é voluntaria, e a partir do luns 16 o centro permanecerá pechado durante 14 días.
EN CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020 DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, ESTE CENTRO NON ATENDERÁ PRESENCIALMENTE, ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO.
O EQUIPO DIRECTIVO MANTÉN A ATENCIÓN A DIARIO NO TELÉFONO DO CENTRO, 881 867 126, EN HORARIO DE 10:00H A 13:00h, E NO CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO, NO ENDEREZO ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal, E ACUDIRÁ AO CENTRO POR QUENDAS NO CASO DE SER REQUIRIDO POR ALGUNHA CAUSA DE FORZA MAIOR, DEBIDAMENTE XUSTIFICADA.
SEGUIREMOS MANTÉNDOVOS INFORMADOS/AS DAS NOVIDADES A TRAVÉS DA PÁXINA WEB, DO NOSO FACEBOOK E POR MEDIO DE ABALAR MOBIL
A DIRECCIÓN
Para mellorar a comunicación co noso alumnado e as súas familias solicitamos encarecidamente que instalen nos seus teléfonos a aplicación ABALAR MÓBIL e permitan as súas notificacións. A través dela poderemos enviar e recibir notificacións dun xeito máis áxil e rápido. E nos impresos de matrícula faciliten os números de teléfono actualizados.
A DIRECCIÓN
Desde o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia nos fan chegar estas recomendacións para toda a comunidade educativa que compartimos con vós.
Durante este período excepcional de peche dos centros educativos, a docencia do departamento se organiza da seguinte forma
MATERIA: PROGRAMACIÓN 2 ESO
2 ESO (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso PROGRAMACION 2 ESO) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen as tarefas a realizar , segundo unha temporalización semanal
MATERIA : TECNOLOXÍA
2ESO A TECNOLOXIA (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso TECNOLOXIA 2ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal
2ESO B e C TECNOLOXIA (Prof. Ana Bautís)
2ESO AGRUPAMENTO (Pro. Natalia Freire)
3ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)
3ESO C TECNOLOXIA (Prof. Jesús García)Aula virtual (curso TECNOLOXIA 3ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal
4ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)
2 BAC TECNOLOXÍA INDUSTRIAL (Prof. Natalia Freire)
CRISIS COROAVIRUS COVID 19. NOVAS DE ÚLTIMA HORA
Citamos literalmente a información do Ministerio de Educación e FP
- El Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) y las Comunidades Autónomas han participado hoy en la Comisión de Formación Profesional de la Conferencia Sectorial para adoptar medidas coordinadas ante la interrupción de las clases presenciales debido a la crisis del Covid-19
- Se garantizará que todos los estudiantes de Formación Profesional puedan finalizar su curso académico y lograr la titulación
- Se adoptarán medidas de flexibilización de las fechas, forma y duración de la FCT, así como la integración de la FCT con el módulo de Proyecto, que incluirá aspectos relativos al ejercicio profesional
ÚLTIMAS NOVAS. CRISIS COVID 19
Na web do Ministerio:
- La EBAU se celebrará entre el 22 de junio y el 10 de julio en convocatoria ordinaria y antes del 10 de septiembre en extraordinaria, según ha aprobado la Conferencia Sectorial de Educación
- El modelo de examen se ajustará a la excepcionalidad que supone el actual estado de alarma para no perjudicar al alumnado
- También se ha aprobado flexibilizar las prácticas de Formación Profesional y que se suspendan las pruebas de evaluación diagnóstica de 3º y 6º de primaria y 4º de la ESO
Segundo as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos ás familias do noso alumnado que o vindeiro día 3 de abril se procederá ao peche das actas de avaliación. O profesorado non poderá considerar avaliables as actividades relacionadas con contidos curriculares posteriores á data da declaración do estado de alarma, deben de facelo unicamente co traballo desenvolvido ata dita data.
As familias recibiredes na aplicación AbalarMóbil os resultados da dita avaliación.
No caso do alumnado de 2º curso de SMR e de ASIR, e para facilitar a realización de exames de recuperación, as actas pecharanse o día 17, polo que ese día se recibirán ás notas, tamén por medio da aplicación AbalarMóbil.
A DIRECCIÓN
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais" orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.