Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
27
| 28
| 29
| 30
| 31
| 1
all day
RESTABLECEMENTO DO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (do 11 ao 18 de maio) O TRÁMITE PÓDESE FACER TELEMÁTICAMENTE. EN CASO DE TER QUE ACUDIR AO CENTRO PRÉGASE O USO DE MASCARILLA. A aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación.
FASE 2. PROCESO DE ADMISIÓN (EN VIGOR ) Para o alumnado que non está matriculado neste centro nin nos centros adscritos o proceso de admisión que comenzou o día 1 de marzo, reanudarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio. A presentación de documentación acreditativa dos baremos será ata o 26 de maio, a publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 9 de xuño con 3 días para presentar reclamacións e a listaxe definitiva de admitidos antes do 26 de xuño. A formalización da matricula do 1 ao 10 de xullo e en periodo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.
FASE 1. RESERVA DE PRAZA (REMATADA) Para alumnado do centro adscrito (CEIP O Coto) . Prazo : do 1 ao 17 de febreiro IMPORTANTE: Lémbraselles ás persoas que tramiten a solicitude de reserva de praza ao centro adscrito que ese proceso é unha solicitude de admisión. Si logo, no período do 1 ao 20 de marzo, desexan presentar outra solicitude de admisión diferente, terán que presentar de forma expresa e inequívoca renuncia a esta solicitude de reserva de praza ao centro adscrito antes do 1 de marzo, do contrario incurrirán en duplicidade.
Postos escolares ofertados e vacantes:
Ligazón á aplicación da Consellería de Educación para cubrir a solicitude NOTA INFORMATIVA Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
INFORMACIÓN SOBRE ESTE CENTRO O proxecto educativo, as Normas de organización, funcionamento e convivencia, o plan de actividades complementarias e extraescolares e outros documentos de interese poden consultalos na nosa web nesta ligazón. Poden seguir o día a día do noso centro nesta web e no noso espazo nas redes sociais (Facebook) | 2
|