Eventos
RESTABLECEMENTO DO PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (do 11 ao 18 de maio)
O TRÁMITE PÓDESE FACER TELEMÁTICAMENTE. EN CASO DE TER QUE ACUDIR AO CENTRO PRÉGASE O USO DE MASCARILLA.
A aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación.
FASE 2. PROCESO DE ADMISIÓN (EN VIGOR )
Para o alumnado que non está matriculado neste centro nin nos centros adscritos o proceso de admisión que comenzou o día 1 de marzo, reanudarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio.
A presentación de documentación acreditativa dos baremos será ata o 26 de maio, a publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 9 de xuño con 3 días para presentar reclamacións e a listaxe definitiva de admitidos antes do 26 de xuño.
A formalización da matricula do 1 ao 10 de xullo e en periodo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.
FASE 1. RESERVA DE PRAZA (REMATADA)
Para alumnado do centro adscrito (CEIP O Coto) . Prazo : do 1 ao 17 de febreiro
IMPORTANTE: Lémbraselles ás persoas que tramiten a solicitude de reserva de praza ao centro adscrito que ese proceso é unha solicitude de admisión. Si logo, no período do 1 ao 20 de marzo, desexan presentar outra solicitude de admisión diferente, terán que presentar de forma expresa e inequívoca renuncia a esta solicitude de reserva de praza ao centro adscrito antes do 1 de marzo, do contrario incurrirán en duplicidade.
Postos escolares ofertados e vacantes:
CURSO | Prazas ofertadas | Vacantes |
1º ESO | 90 | 22 |
2º ESO | 90 | 25 |
3º ESO | 90 | 31 |
4º ESO | 90 | 43 |
1º BAC CIENCIAS | 33 | 9 |
1º BAC HHCCSS | 33 | 9 |
2º BAC CIENCIAS | 33 | 17 |
2º BAC HHCCSS | 33 | 10 |
Ligazón á aplicación da Consellería de Educación para cubrir a solicitude
NOTA INFORMATIVA
Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Páxina web da Consellería con toda a información sobre o proceso de admisión
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro polo que se regula o proceso de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos
- Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o proceso de admisión
- Orde de 25 de xaneiro de 2017 polo que se modifica a orde anterior
INFORMACIÓN SOBRE ESTE CENTRO
O proxecto educativo, as Normas de organización, funcionamento e convivencia, o plan de actividades complementarias e extraescolares e outros documentos de interese poden consultalos na nosa web nesta ligazón.
Poden seguir o día a día do noso centro nesta web e no noso espazo nas redes sociais (Facebook)