Eventos
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.
Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.
O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.
Os nosos parabéns a Alba, alumna de bacharelato no noso instituto. Campeona galega de marcha. Desexámoste moitos éxitos tanto académicos como deportivos.
O 3 de decembro é día mundial das persoas con discapacidade. Poñámonos por uns momentos no seu lugar.
Deseño universal. Deseño adaptado.
Queremos agradecer a colaboración do centro de Saúde de Negreira que nos prestou as cadeiras de rodas para que o alumnado puidera sentir o que é moverse nelas e os atrancos a mobilidade que representa a arquitectura dos edificios. Tamén aprendemos como xurdiu o sistema braille de escritura para cegos e poidemos facer os nosos escritos nel.
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.
Constitución Española (en Galego)
Constitución Española (en Castelán)
Ao fío do cumio sobre o cambio climático destes días en Madrid...
Artigo 45
1.Todos teñen dereito a gozar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de o conservaren.
2.Os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexeren e melloraren a calidade de vida e defenderen e restauraren o ambiente, coa axuda da indispensable solidariedade colectiva.
Sobre os territorios da "España vaciada"...
Artigo 130
1.Os poderes públicos atenderán á modernización e ó desenvolvemento de todos os sectores económicos e, en particular, da agricultura, da gandería, da pesca e da artesanía, co fin de equiparar o nivel de vida de todos os españois.
2.Co mesmo fin outorgaráselles un tratamento especial ás zonas de montaña.
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.
De novo, como anos anteriores, temos unha boa nova que comunicarvos. Fomos seleccionados na convocatoria actual dos Contratos-Programa, plans dirixidos á mellora do éxito escolar.
Os plans do IES Xulián Magariños incidirán nos seguintes ámbitos de actuación:
1- Reforza-T (Acompañamento fóra do horario lectivo) para mellorar competencias básicas en matemáticas e ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística. Dirixido a alumnado de 1 e 2 ESO.
2- Mellora das competencias clave (A,B,C) co establecemento de grupos de reforzo
3-Iguala-T para establecer accións de promoción da igualdade e prevencións de violencia de xénero
4-Con-VIVE para desenvolver medidas que favorecan a convivencia e bo clima no centro e nas aulas
5- Inclue-T para poñer en marcha medidas de atención a diversidade
7- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia (dentro do cal ofrecemos o Club de Programación)
8-Mellora da calidade na xestión de centros
9-Reforzo das competencias clave en 3 e 4 ESO con acomañamento fóra do horario lectivo (A)
A firma do Contrato Programa, que terá lugar a volta das vacacións, ven ratificar a liña educativa seguida polo IES Xulián Magariños e supón poder dispoñer de máis recursos económicos e humanos para levar a cabo o noso labor.
A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA A PODEDES ATOPAR NO PORTAL EDUCATIVO