Eventos
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.
Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.
O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.
Os nosos parabéns a Alba, alumna de bacharelato no noso instituto. Campeona galega de marcha. Desexámoste moitos éxitos tanto académicos como deportivos.
O 3 de decembro é día mundial das persoas con discapacidade. Poñámonos por uns momentos no seu lugar.
Deseño universal. Deseño adaptado.
Queremos agradecer a colaboración do centro de Saúde de Negreira que nos prestou as cadeiras de rodas para que o alumnado puidera sentir o que é moverse nelas e os atrancos a mobilidade que representa a arquitectura dos edificios. Tamén aprendemos como xurdiu o sistema braille de escritura para cegos e poidemos facer os nosos escritos nel.
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.
Constitución Española (en Galego)
Constitución Española (en Castelán)
Ao fío do cumio sobre o cambio climático destes días en Madrid...
Artigo 45
1.Todos teñen dereito a gozar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de o conservaren.
2.Os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexeren e melloraren a calidade de vida e defenderen e restauraren o ambiente, coa axuda da indispensable solidariedade colectiva.
Sobre os territorios da "España vaciada"...
Artigo 130
1.Os poderes públicos atenderán á modernización e ó desenvolvemento de todos os sectores económicos e, en particular, da agricultura, da gandería, da pesca e da artesanía, co fin de equiparar o nivel de vida de todos os españois.
2.Co mesmo fin outorgaráselles un tratamento especial ás zonas de montaña.
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.