Eventos
Verde ou negro? Como vedes o futuro do noso planeta?
Hoxe o alumnado escolleu cor e todos xuntos asistimos á lectura dun manifesto a prol da loita contra o cambio climático e o despilfarro enerxético.
Hai esperanza, pero todos temos que actuar xa e esixir dos nosos gobernantes un compromiso real para a reducción de gases de efecto invernadoiro.
O alumnado elaborou un precioso mural ...con solucións reais que entre todos podemos adoptar...
-Reduce o teu consumo de bens innecesarios
-Usa o transporte público
-Recicla
-Repara as cousas, non as tires
-Usa os folios polas dúas caras
-Dúchate en vez de te bañar...
de seguro que a vos se vos ocorren moitas máis. Compartídeas con nós.
Estimados/as pais/nais/titores do alumnado do IES Xulián Magariños:
Como xa informamos anteriormente, este curso o instituto ten previsto mellorar a comunicación coas familias continuando coa difusión do uso da aplicación gratuíta da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Esta aplicación vos vai ofrecer vantaxes como:
• Consultar as cualificacións dos vosos fillos e fillas
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Todas aquelas familias interesadas podedes asistir a unha reunión informativa que se celebrará no salón de actos do instituto o vindeiro martes día 8 de outubro ás 19 horas. É recomendable (aínda que non imprescindible) que, antes de asistir, descarguedes no voso terminal móbil a aplicación desde Apple Store ou desde Play Store.
VER COMUNICADO OFICIAL DO CENTRO
________________________________________________
Lembramos que a partir deste curso 2019-2020 as canles preferentes de comunicación coa comunidade educativa serán a aplicación oficial da Consellería de Educación “Abalar Móbil” e a páxina web do centro, co obxectivo é axilizar o envío de avisos e evitar o despilfarro de papel.
RECOMENDAMOS encarecidamente que os pais, nais e titores legais do alumnado instalen dita aplicación e a usen. Está dispoñible para telefonos Android e Iphone. Tamén é moi importante que consulten regularmente a web do centro.
Para o bo funcionamento da aplicación debemos ter nas nosas bases de datos o nº de telefono móbil dos responsables actualizado.
Ligazón á información sobre a aplicación Abalar Móbil na Consellería de Educación
Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.
Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.
Xúntase como referencia o resumo da programación didáctica do departamento do curso actual 2019-2020.
Cadro horario definitivo coas horas de atención a pais nais e titores do alumnado, ordeado por departamentos. Curso 2019-2020