Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
| 10
all day
Listaxe definitiva de adxudicación de libros do fondo solidario O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2019/20 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivesen presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de 1 mes desde a formalización da matrícula. Informamos ás familias que non se apresuren a mercar os libros de texto pois prevemos que pode haber materias nas que os exemplares dispoñibles no centro dos libros de texto sexan suficientes para todo o alumnado matriculado. Polo momento, podería haber libros suficientes para todos os alumnos/as nas seguintes materias : 1º ESO : Inglés 2º ESO : Relixión e inglés 3º ESO : Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega 4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá e Xeografía e Historia ( xa que o alumnado que a curse bilingüe non usará libro de texto). Insistimos en que é unha previsión xa que a matrícula non se pechou definitivamente polo que non podemos asegurar que finalmente todos/as poidan levar prestados eses libros de texto. Queremos agradecer de novo as xenerosas doacións de libros para o fondo libros por parte de familias que mercaron os libros en anos anteriores. Esas doacións permitirán que o fondo libros reparta máis libros adicionalmente aos mínimos establecidos na orde de convocatoria das axudas. MOITAS GRAZAS
| 11
| 12
| 13
| 14
| 15
|