Eventos
CONSULTAR DATA E HORA DOS EXAMES
IMPORTANTE
As probas realizaranse os días 2 (luns), 3 (martes) e 4 (mércores) de setembro.
Non haberá servizo de autobuses: o alumnado de ESO abandonará o centro ao rematar o exame.
As cualificacións estarán expostas ao público nos paneis de Secretaría do instituto e entregaranse o venres 6 ás 12:00 horas.
O prazo de presentación de reclamacións serán os días 6 (venres), 9 (luns), e 10 (martes).
A resolución de reclamacións será o día 11 (mércores).
FONDO LIBROS. DEVOLUCIÓN LIBROS E SOLICITUDE DE PRÉSTAMO
O alumnado que teña libros prestados do fondo solidario deberá entregalos entre os días 2 e 4 de setembro .
O alumnado que repita 4º ESO poderá solicitar o fondo solidario de libros de texto e material escolar cando efectúe a matrícula
O Concello da Baña pon a disposición dos adolescentes que vaian cursar Bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2019-2020 un servizo de transporte para facilitarlles os desprazamento ata os centros escolares.
As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán poñerse en contacto canto antes coa concellaría de Cultura para comunicar os datos pertinentes e facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas.
O martes 17 terá lugar a presentación para o alumnado de 1º ESO coa asistencia dos pais e nais. O mércores 18 haberá transporte escolar no horario habitual. A primeira hora será a presentación dos grupos co seu titor/a e a partir de segunda hora comezarán as actividades lectivas ordinarias.
Listaxe definitiva de adxudicación de libros do fondo solidario
O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2019/20 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivesen presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de 1 mes desde a formalización da matrícula.
Informamos ás familias que non se apresuren a mercar os libros de texto pois prevemos que pode haber materias nas que os exemplares dispoñibles no centro dos libros de texto sexan suficientes para todo o alumnado matriculado.
Polo momento, podería haber libros suficientes para todos os alumnos/as nas seguintes materias :
1º ESO : Inglés
2º ESO : Relixión e inglés
3º ESO : Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega
4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá e Xeografía e Historia ( xa que o alumnado que a curse bilingüe non usará libro de texto).
Insistimos en que é unha previsión xa que a matrícula non se pechou definitivamente polo que non podemos asegurar que finalmente todos/as poidan levar prestados eses libros de texto.
Queremos agradecer de novo as xenerosas doacións de libros para o fondo libros por parte de familias que mercaron os libros en anos anteriores. Esas doacións permitirán que o fondo libros reparta máis libros adicionalmente aos mínimos establecidos na orde de convocatoria das axudas.
MOITAS GRAZAS
Verde ou negro? Como vedes o futuro do noso planeta?
Hoxe o alumnado escolleu cor e todos xuntos asistimos á lectura dun manifesto a prol da loita contra o cambio climático e o despilfarro enerxético.
Hai esperanza, pero todos temos que actuar xa e esixir dos nosos gobernantes un compromiso real para a reducción de gases de efecto invernadoiro.
O alumnado elaborou un precioso mural ...con solucións reais que entre todos podemos adoptar...
-Reduce o teu consumo de bens innecesarios
-Usa o transporte público
-Recicla
-Repara as cousas, non as tires
-Usa os folios polas dúas caras
-Dúchate en vez de te bañar...
de seguro que a vos se vos ocorren moitas máis. Compartídeas con nós.
Estimados/as pais/nais/titores do alumnado do IES Xulián Magariños:
Como xa informamos anteriormente, este curso o instituto ten previsto mellorar a comunicación coas familias continuando coa difusión do uso da aplicación gratuíta da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Esta aplicación vos vai ofrecer vantaxes como:
• Consultar as cualificacións dos vosos fillos e fillas
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Todas aquelas familias interesadas podedes asistir a unha reunión informativa que se celebrará no salón de actos do instituto o vindeiro martes día 8 de outubro ás 19 horas. É recomendable (aínda que non imprescindible) que, antes de asistir, descarguedes no voso terminal móbil a aplicación desde Apple Store ou desde Play Store.
VER COMUNICADO OFICIAL DO CENTRO
________________________________________________
Lembramos que a partir deste curso 2019-2020 as canles preferentes de comunicación coa comunidade educativa serán a aplicación oficial da Consellería de Educación “Abalar Móbil” e a páxina web do centro, co obxectivo é axilizar o envío de avisos e evitar o despilfarro de papel.
RECOMENDAMOS encarecidamente que os pais, nais e titores legais do alumnado instalen dita aplicación e a usen. Está dispoñible para telefonos Android e Iphone. Tamén é moi importante que consulten regularmente a web do centro.
Para o bo funcionamento da aplicación debemos ter nas nosas bases de datos o nº de telefono móbil dos responsables actualizado.
Ligazón á información sobre a aplicación Abalar Móbil na Consellería de Educación