Eventos
Hoxe 2 de maio é o Día Internacional contra o acoso escolar. No centro traballamos intensamente en varios frontes para consolidar a cultura da non violencia, a convivencia positiva e o valor da palabra. O equipo de mediación, as Titorías entre Iguais, o equipo de igualdade son parte esencial deste proxecto de convivencia que facemos entre todos nós.
Non obstante é necesario lembrar que todos e todas debemos loitar contra o acoso escolar. Por iso, se coñecedes como testemuñas, ou por indicios, dalgún posible caso, poñédeo en coñecemento do voso titor ou titora, ou da dirección do centro.
A continuación facilitamos unha breve guía sobre a maioría das materias optativas de bacharelato (e algunhas de 4º ESO ) que o centro ofertará para o vindeiro curso. A súa utilidade ou pertinencia para estudos posteriores, a carga horaria e os contidos que se imparten ao longo da mesma. Esperamos que vos sexa de utilidade.
- ANATOMÍA APLICADA (1º BAC)
- ANTROPOLOXÍA (1º BAC)
- CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE (2º BAC)
- CULTURA CIENTÍFICA (4º ESO)
- CULTURA CIENTÍFICA (1º BAC)
- CULTURA E LINGUA PORTUGUESA (4º ESO e 1º BAC)
- ECONOMÍA (1º BAC)
- ECONOMÍA DA EMPRESA (2º BAC)
- HISTORIA DA ARTE (2º BAC)
- IMPRESIÓN E MODELADO 3D (1º BAC)
- LATÍN
- LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX (2º BAC)
- LITERATURA UNIVERSAL (1º BAC)
- MATEMÁTICAS ACADÉMICAS OU APLICADAS? (3º e 4º ESO)
- MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS (2º BAC)
- PSICOLOXÍA (2º BAC)
- REFORZO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA (2º BAC)
- ROBÓTICA (1º BAC)
- TECNOLOXÍA (4º ESO)
- TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I E II (1º e 2º BAC)
- TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN I e II (1º e 2º BAC)
- XEOGRAFÍA (2º BAC)
- XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA (2º BAC)
- XEOGRAFÍA E HISTORIA BILINGÜE (3º e 4º ESO)
Mañá é o día de Europa. Queredes probar os vosos coñecementos xeográficos sobre a Unión Europea? Aquí tedes un pequeno xogo que programamos na materia de Programación, de 2º ESO.
O equipo do Club de Debate outro ano máis gaña a Gran Final Galega de Clubs de Debate. Noraboa ao alumnado participante, á preparadora Sara Porrit, a delegada do centro María José e a todos os participantes nesa festa da palabra. Queremos agradecer tamén o incondicional apoio dos compañeiros e familiares que acompañaron o equipo a Pontevedra.
Infómase das datas dos exames finais do 2º curso do Ciclo Básico de Servizos Comerciais:
Ciencias Aplicadas : 7 de xuño
Módulo Aplicacións Basicas Ofimática : 10 xuño (8:45 aula FP Básica)
Módulo Preparación de pedidos e venda de produtos : 12 xuño (8:45 aula FP Básica)
Matemáticas: 14 de xuño
Ámbito comunicación e Sociedade : 19 de xuño
Con motivo do día das Letras galegas 2019 adicado a Antón Fraguas os departamentos de Galego e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística expoñen diversos traballos realizados polo alumnado sobre a vida e obra deste destacado historiador e etnógrafo e sobre Luis Seoane.
Así mesmo expoñen, no corredor de acceso á biblioteca unha serie de posters que tamén glosa a obra de Antón Fraguas.
Non queremos esquecer outras actividades organizadas arredor da festividade do Día das Letras Galegas como foron a participación no Correlingua 2019 e a asistencia á obra de teatro "made in Galiza" de Sechu Sende feita pola compañía "Os Quinqulláns"
IMPORTANTE: Aberto o prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de librosde Texto e para axudas económicas para adquisición de libros de texto e material escolar.
Como en anos anteriores aplícase a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO
O prazo de solicitude remata o día 21 de xuño.
A Xunta convoca axudas económicas ao alumnado de Formación Profesional que realiza a formación práctica en centros de traballo ou cursa FP Dual.
Aquí podedes ler un ameno artigo das alumnas Noelia Liñares Mayo e Milena Silva Antelo de 2º de bacharelato, titorizadas polo profesor Ignacio Romero, onde comparan a vida cotiá actual coa dos seus avós. Cómo cambian os tempos!!
O talento do noso alumnado non deixa de darnos alegrías. A alumna de 4º ESO , Iria Sánchez del Río foi premiada co 2º premio de narrativa no Certame Literario Concello de Ames, co relato titulado "O vestido vermello". Foron 176 traballos presentados así que moitos parabéns para Iria. O certame literario Concello de Negreira otorgou o 1º premio á alumna Lara López Suárez, que se presentou co conto "Atada por amor" , una fermosa historia que nos leva á época de Almanzor no ano 968 e na que se narra a historia de Subh, una concubina valente exemplo de superación e optimismo. O 3º premio foi outorgado a Andrea Losada, alumna tamén de 4º de ESO polo conto "As costureiras de Mondoñedo".
O alumnado do noso centro fixo pleno no certame de pintura do Concello de Negreira. Os tres premios da categoría 13-18 anos foron a parar a Paola Enjo, María Lista e Julián Rey, alumnos de 1º BAC, 1º ESO e 3º ESO respectivamente. Noraboa e que sigades a perfeccionar a vosa formación artística.
Moitos parabéns a este alumnado que demostra como traballando duro se consiguen os triunfos.