Eventos
As vacacións de Nadal son un bo momento para mergullarse en lecturas interesantes. O estudantes de 4º ESO fixérono e recoméndanvos estes libros reseñados a continuación:
Reseña de "Las lunas de Júpiter"
A semana pasada iniciamos unha actividade nova. Os recreos dos martes e venres alumnado e profesorado combatimos xuntos o sedentarismo e guiados polo profesor Xoan Carlos Gantes realizamos unha serie de exercicios sinxelos que non precisan equipamento especial e poden facerse en calquera lugar. A prensa mostrou interese por esa actividade e aquí podedes leer a reportaxe que nos adica "El Correo Gallego".
Acaba de ser publicada a Orde de Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao Medio e Superior.
Tedes toda a información nesta ligazón, na web da Consellería
O prazo de presentación de solicitudes é do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro para Cicli Superior e do 7 ao 22 de marzo para ciclo Medio
Parabéns a dúas excelentes alumnas do noso centro, Inés e Lara, que o vindeiro ano cursarán 1º de bacharelato nun centro en EEUU ou Canadá xa que acaban de ser seleccionadas no programa de becas da Fundación Amancio Ortega!! CONGRATS!!!
Unha boa nova. O noso centro foi seleccionado na convocatoria 18/19 de Contratos Programa da Consellería de Educación para a mellora do éxito escolar.
O plan do IES Xulián Magariños incidirá nos seguintes ámbitos de actuación:
1- PROA Plan de Reforzo, Orientación e Apoio fóra do horario lectivo para alumnado con dificultades.
2- Mellora das competencias clave.
3- Mellora da convivencia e promoción da igualdade no centro.
6- Mellora da calidade na xestión do centro.
7- Reforzo das competencias clave en 3º e 4º ESO e FPB, con acompañamento fora do horario lectivo.
A firma do Contrato Programa que terá lugar nos próximos días ven ratificar a liña educativa seguida polo IES Xulián Magariños e supón poder dispoñer de máis recursos económicos e humanos para levar a cabo o noso labor.
Temporalmente desactivado. Avisarase cando volva a estar dispoñible.
Inauguramos a nova "sala de exposicións" do IES XULIÁN MAGARIÑOS, situada na cafetería, cunha mostra sobre deseño contemporáneo e industrial.
Na materia de "Deseño e impresión 3D" fixeron reproducións a pequena escala dalgunha das obras mestras da historia do deseño mostradas na exposición. Esta exposición permanecerá durante o mes de febreiro. A idea e que haxa unha mostra nova cada mes, coordinada dende diferentes departamentos.
Queremos agradecer moi especialmente a colaboración da Asociación de Nais e Pais (ANPA) "A Barcalesa" que nos axudou financiando a instalación do sistema expositivo. Estades invitados a visitala e esperamos que vos guste.
ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade. As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte.
Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira.
O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.