Eventos
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na comarca barcalesa (concellos de Negreira e A Baña), ata 1981, quen quería superar os estudos primarios tiña tres opcións: marchar fóra, prepararse por libre na Academia de Negreira ou cursar a FP Agraria ofertada no Colexio Rural. Pero dende o curso 1981-82, a vila do Cotón, e para a contorna toda, ofreceu unha novidosa e útil opción ó alumnado: o Colexio Municipal Homologado de Bacharelato (CMHB) –sempre chamado Instituto–, que levaba dereito ó título de bacharel, impartindo os estudos de BUP e COU. Abría as portas á FP superior e á Universidade. Nesa década de 1980 para as xestións administrativas e documentación oficial, o CMHB de Negreira dependía do Instituto de Ordes.
Esas aulas á beira do Parque do Coto chegaron ata o curso 1989-90, cando o CMHB creceu e estreou o actual edificio tamén na Rúa de Castelao, pasando a ser Instituto de Educación Secundaria e Profesional (IESP) con varias vías na Secundaria.
Nesta etapa inicial foron directoras do CMHB dúas profesoras. Inicialmente Mercedes Salvado Martínez (Xeografía e Historia 1981-1986), á que seguiu Primitiva Ludivina Isidro Gómez (Lengua Española 1986-1990), quen exerceu a súa dirección ata o remate do curso de transición (89-90), durante o cal o Colexio Homologado se transformou definitivamente en IESP.
Este novo IESP continuou no curso 1990-91 e 91-92 coa dirección do profesor Manuel Pombo Sánchez (Filosofía). No curso seguinte 92-93 estreou o nome de “Xulián Magariños” sendo director Agustín Carracedo Santos (Filosofía, curso 92-93). Nos anos seguintes a dirección do centro recaería en Eusebio Ónega Carrera (Xeografía e Historia, 93-96), Cecilia Pensado Banet (Matemáticas, cursos 96-99, quen se encargaría de pilotar a complexa implantación da LOGSE no curso 98-99), Jaime López Otero (Comercio, cursos 99-04) e Adelino Pose Reino (Matemáticas, entre os anos 2004 e 2018). Entre 2018 e 2022 asume a dirección Clara Cristela Rodríguez Núñez (Xeografía e Historia). No curso 2022-2023 recolle a responsabilidade da dirección José Luis Mateos Santiago, do departamento de Economía.
En todo este tempo a cifra do alumnado matriculado neste centro, dende que se converteu en IES, sempre superou os 350 estudantes, acadando a cifra máxima cos 531 matriculados do curso 1998-99, e cun cadro de persoal de entre 45 e 60 docentes.
No que se refire á oferta educativa, ademais do ensino de BUP e COU (substituídos pola ESO e bacharelato a partir do curso 98-99), compre sinalar que en 1990 implantouse o ensino de Técnico medio de Administrativo que pasou a ciclo medio de Comercio en 1998. En 2001 implantouse o ciclo superior de Informática. En 2015 comezou o ciclo básico de servizos comerciais reemplazando ao anterior Programa de Cualificación Profesional Inicial PCPI. Xa en 2018 deixou de ofertarse o ciclo medio de Comercio pola escasa demanda sendo substituído polo ciclo medio de Informática.
As instalacións do centro tamén acollen unha Sección da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, aberta a partir do curso 2010-2011.
Imos cara aos 42 anos de camiño dunha institución educativa que lle deu a moitas promocións xuvenís máis ampla formación, mellores perspectivas profesionais e, en suma, itinerarios misceláneos para encarreiraren as súas vidas. Nesta ruta do Ensino Secundario en Negreira hai moitas persoas condutoras e viaxeiras de toda a comunidade escolar, no servizo á Comarca de Barcala.
IES Xulián Magariños
Negreira, outono de 2023.
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ACTUALIZADO
Queredes pasar medo? Aquí tedes a selección completa dos nosos clásicos "Relatos de Samaín"
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enma Mayo nos falará do día a día dunha persoa con discapacidade. Con motivo do Día internacional das persoas con discapacidade é necesario dar a coñecer o Deseño Inclusivo.
Para alumnado de bacharelato e ciclos formativos.
Guía de deseño universal da Fundación ONCE
(por motivos alleos ao centro esta actividade queda aprazada temporalmente)
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este xoves e venres o departamento de Orientación organiza unha serie de obradoiros para ESO e ciclo de FPB co obxecto de axudar a previr conductas adictivas.
Co gallo do Día Internacional das persoas con Discapacidade o alumnado infórmase sobre a orixe do alfabeto Braille e xa o está usando para escribir mensaxes motivadoras.
O departamento de Tecnoloxía por outra banda nos mostra como as impresoras 3D do centro tamén son unha ferramenta ideal para elaborar material adaptado a persoas con discapacidade visual. Os principios do deseño universal ou inclusivo son algo que hai que ter en conta dende o principio cando se deseña un producto.
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.
Os nosos mellores desexos para un Nadal feliz e un próspero 2019.
(lettering por Valeria Torreira, árbore e adornos alumnado de 2º ESO en tecnoloxía e impresión 3D)
E aquí tedes unha felicitación de Nadal animada
(Feito con Scratch na materia de Programación de 2º ESO. Pulsar espazo para comezar. Mover o rato para interaccionar coa animación)