Eventos
O departamento de Informática, en colaboración coa Asociación GHANDALF organiza 2 charlas divulgativas sobre software libre o vindeiro martes 2 de outubro. A primeira, dirixida a alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato de perfil técnico terá lugar as 13:35 no salón de actos. Pola tarde terá lugar a segunda charla, para alumnado de ciclo medio e superior de Informática, de 16:20 a 18:00 horas.
Hoxe "estrenamos" cafetería. Nova pintura, decoración e mobiliario. E próximamente espazo de exposicións temporais. Que vos parece?
Acto de inauguración do curso 20198-2019 coa presentación do IX premio de investigación científica e conferencia de Dna. Pilar Bermejo, decana da facultade de Química da USC titulada "metales y vida". Interesantísimo descubrir como dependendo da concentración e enlace químico, determinados metais e semimetais (Arsénico, selenio, mercurio etc. poden ser elementos esenciais para a vida ou presentar elevada toxicidade).
Hoxe, durante o acto de inauguración do curso 18/19, presentouse o IX Premio de investigación do IES Xulián Magariños, este ano amadrinado por Dna. Pilar Bermejo Barrera, decana da facultade de Química da USC.
Este premio, dotado con 300 €, está destinado a alumnado do IES Xulián Magariños que estea cursando 4º ESO, Bacharelato ou ciclos formativos medio e superior. O prazo de entrega dos traballos rematará o 1 de maio de 2019.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace.
Hoxe no auditorio de Negreira o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FPB puido disfrutar dunha divertidísima representación teatral a cargo do grupo de teatro Cabareteiros, da escola de teatro municipal de Negreira. "Selfie a go go", dirixida por Sandra Lesta, unha intelixente parodia sobre a evolución do xeito de comunicarnos en familia e entre amigos. Grazas por colaborar con nós de xeito desinteresado e moito éxito coas vosas montaxes teatrais.
Hoxe as 21:30 na casa de cultura terá lugar a asamblea xeral da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Instituto (ANPA A Barcalesa" no que a directora do noso centro intervirá para comentar as novidades deste curso e resolver dúbidas. Vos animamos a asistir.
A ANPA"A Barcalesa" remite a seguite información para todas as familias de alumnado do IES Xulián Magariños co obxecto de dar a coñecer todos os servizos que ofrece aos asociados e ampliar a súa base de participantes.
O pasado luns o alumnado de segundo de ESO tivo a oportunidade de coñecer de cerca as igrexas románicas da comarca, acompañados por un guía especializado. Agradecemos aos técnicos de turismo e ao concello de Negreira a xentileza de ofertarnos esta actividade de balde.