Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
all day
Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico. all day
A Deputación da Coruña encargou a elaboración dun video interactivo para conmemorar María Victoria Moreno con motivo do Día das Letras Galegas. A proposta consiste nun xogo con dez preguntas e un premio virtual que permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galega. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa final, virtual e relacionada coa autora. De non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta. Consideramos que este video pode ser unha ferramenta acaída para difundir a obra e a biografía de María Victoria Moreno entre o alumnado.
| 22
all day
Mañá un grupo de alumnos/as de 4º ESO e 2º BAC acudirán coa profesora Elena Paredes a visitar a EASD Mestre Mateo de Santiago, onde poderán coñecer a ampla oferta de estudos artísticos e as instalacións. | 23
| 24
Data24/05/2018 15:59
Os equipos de producción e o plató de XeMa.TV, a nosa canle de televisión escolar, están que non paran. Na ligazón de XeMa.TV que tedes no menú superior desta páxina teredes acceso a programas tan interesantes como:
Non volo perdades!
all day
all day
MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS: Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:
Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas. PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!! Data24/05/2018 20:00
O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa. Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.
| 25
all day
ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR AS PROPOSTAS A CONCURSO. O alumnado ao que lle guste o deseño gráfico ten a oportunidade de amosar o seu talento deseñando o logotipo para o IES Xulián Magariños. Tedes de prazo ata o 25 de maio, así que animádevos! all day
Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte! P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira). all day
| 26
| 27
|