Eventos
Comenza o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos.
Ollo! O prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclo superior é do 8 de febreiro ata o 23 de febreiro
Para inscribirse nas probas de acceso a ciclo medio o prazo será do 12 ao 23 de marzo
INFORMACIÓN REMITIDA POLA CONSELLERÍA
Información sobre a proba de acceso a ciclo superior
Información sobre a proba de acceso a ciclo medio
Hoxe poidemos disfrutar do talento do noso alumnado con moi bos traballos de caracterización e boas coreografías. Parabens!
E se queredes ver algunhas fotos xa sabedes que están no Facebook do instituto.
Escrito da dirección do centro para solicitar o ciclo de Atención á Dependencia..
Pode descargar o arquivo en formato PDF aquí.
O Concello de Negreira apoia a solicitude.
13/3 No pleno celebrado onte no Concello de Negreira aprobouse a solicitude de apoio do IES Xulián Magariños para a incorporción do Grao Medio de Atención a Persoas en situación de Dependencia á ofera educativa comarcal.
O concello de A Baña apoia a solicitude.
29/3 O pleno Municipal de A Baña aproba por unanimidade que se potencie a oferta educativa do IES Xulián Magariños coa incorporación do ciclo medio de Atención a persoas con dependencia. (ver nova na web municipal)
Motivos para solicitar a implantación do novo ciclo.
9/2 O noso director explica as razóns polas que un novo ciclo de FP de Atención a Persoas Dependentes sería moi positivo para a comarca e a vila de Negreira. Hai espazo e sobre todo existe demanda e posibilidades de traballo para o alumnado que curse o ciclo.
Temor a que non se autorice o ciclo solicitado
A 12 de xuño aínda non hai confirmación de que se vaia autorizar impartir ese novo ciclo na comarca Barcalesa, o cal significa que probablemente a solicitude sexa denegada
Publicouse no BOE (Xoves 15 de febreiro de 2018) a resolución para participar nos "campus Científicos de Verán"
Os campamentos teñen una semana de duración, durante o mes de xullo, e abarcan diversas áreas científicas de enorme interese e actualidade. (intelixencia artificial en Salamanca, Astrofísica en Canarias, organismos mariños en Vigo...) Mirade o catálogo!
Este programa está dirixido a alumnado de 4º de ESO que curse bioloxía e xeoloxía e física e química ou ciencias aplicadas e tecnoloxía e tamén a alumnado de 1º de bacharelato de ciencias e que tivera unha nota media no curso pasado igual ou superior a 8,5.
O prazo de solicitudes remata o 9 de marzo as 15:00
Máis información no BOE do 15 de febreiro e na web www.campuscientificos.es
Como ao longo destes derradeiros cursos, o alumnado de Latín e Grego disfrutará dunha viaxe didáctica a Italia entre os dias 10 e 17 de febreiro. "Fortuna vobiscum".
A alumna de 4º ESO Sara Marcos foi gañadora do III concurso de Nadal sobre danos ao medio ambiente convocado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia natural da USC. Noraboa!
Un grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO, 1º BAC e 2º BAC participará na Olimpiada Filosófica que terá lugar en Santiago, na Facultade de Filosofía
O alumnado de 4º de ESO das materias de tecnoloxía e cultura científica e varios alumnos de 3º de ESO participarán o vindeiro luns nos obradoiros que a Fundación Repsol organizará nas instalacións do noso centro educativo. Por medio de diversas actividades preténdese concienciar as novas xeracións do uso responsable da enerxía e da importancia do aforro e a eficiencia enerxética. O obradoiro comezará as 9:35 e rematará as 13:35.
O vindeiro venres, día 23, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita ao complexo medioambiental do Barbanza, organizada polo Departamento de Física e Química. Sairán en dous turnos, un primeiro á primeira hora, con volta ao redor das 11 (2º A e B) e un segundo saíndo ás 11:35 e con volta a última hora (2º C e agrupamento).
O noso agradecemento á Asociación de Nais e Pais do instituto " A Barcalesa" pola doazón dunha mesa de tenis de mesa que quedará instalada no exterior do centro e ampliará a oferta de actividades lúdicas para o alumnado.
Desde este martes, hai máis dunha decena de científicas galegas e outras tantas do resto do mundo que xa son un pouco máis visibles. A ‘Editatona’, unha xornada de traballo impulsada pola Biblioteca Universitaria e a Oficina de Igualdade da USC, e que contou coa colaboración da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (Amit-Gal), para editar e mellorar os artigos da Galipedia sobre as científicas galegas, conseguiu crear ou ampliar 23 novas páxinas.
http://www.gciencia.com/ciencia/cientificas-galegas-galipedia/
Video da viaxe a Italia, realizado no Entroido de 2018. Elaborado por Candela Fernández, alumna daquela de 2º de Bacharelato, viaxeira do grupo que fomos coa SEEC Galicia. Pola miña parte só me resta dicir que foi un auténtico pracer acompañar ao alumnado do Ies Xulián Magariños, un ano máis, nesa inmersión no Mundo Clásico in situ.
https://www.facebook.com/margarita.gilmurio/videos/10216243396134072/
IMPORTANTE: Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos.
O prazo abrangue do 1 ao 20 de marzo de 2018
Relación de prazas vacantes no IES Xulián Magariños
NOTAS:
O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería de educación.
As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/ admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.
Normativa reguladora do proceso de admisión:
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 ...
Botáde unha ollada aos novos vídeos elaborados polo noso alumnado na sección de vídeos de Dinamización
Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres?
(podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)
Co gallo da celebración do 8 de marzo, o Departamento de DInamización Lingúística organizará o visionado da curtametraxe "Matria" de Álvaro Gago, e un posterior coloquio co director. Terá lugar o mércores día 7 no centro sociocultural de Negreira para o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BAC, e ocupará a terceira e cuarta horas.
https://www.verkami.com/projects/16751-matria
Matria, premiada co gran premio do xurado no festival de Sundance
O prazo para solicitar as axudas para participar en actividades de formación en linguas estranxeiras remata o 7 de marzo. Estas axudas subvenionan entre o 50% e o 85% do custo real da actividade. Dende 70 € (en función da renda e circunstancias familiares) se pode realizar un curso de 2 semanas de inglés. Tamén hay posibilidade de solicitar cursos de francés e portugués.
Tedes toda a información na web da Consellería https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Reseña no diario "El Correo Gallego" sobre Álvaro Gago que tivo a xentileza de mostrar en primicia o seu premiado corto " Matria" ao alumnado do noso instituto e debatir con eles, con motivo do día da muller.