Eventos
Dan comezo as actividades. Onte charla moi interesante de Xurxo Mariño, sobre memoria e neurociencia. O poñente mostrouse disposto a vir algún día a partir de xaneiro para impartir outra conferencia ao alumnado. O profesorado proxecta facer algún proxecto nas distintas áreas en relación coa memoria nas súas diferentes acepcións.
Ademáis os compañeiros/as propoñen que o premio científico do curso próximo leve o seu nome.
O equipo de mediación do centro inicia unha nova campaña de concienciación cara ao alumnado e a comunidade educativa. Tolerancia cero fronte ao acoso escolar!
O alumnado de 2º ESO asistirá o próximo xoves 5 de outubro ao concerto didáctico que dará o grupo "Il quartetto improvviso" de Savona (Italia) no auditorio da casa de cultura de Negreira.
Podedes disfrutar dalgunha das súas actuacións que se poden atopar en internet clicando aquí.