Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1
| 2
| 3
| 4
all day
No pasillo do primeiro andar podedes ver unha preciosa mostra de traballos feitos por alumnado de debuxo de 4º ESO (Verónica Álvez, Raúl Rey, Yassine Bassami e Leticia Cunqueiro), nos que renden homenaxe á disciplina do debuxo científico. Este tipo de debuxo require de exactitude, realismo e capacidade descriptiva, e supera á fotografía en aspectos onde ésta amosa as súas limitacións, como é o contraste e a profundidade de campo. Visitádea e vos sorprenderá. all day
| 5
| 6
| 7
all day
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane). O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega. Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición. |