Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
O alumnado de 4º de ESO do IES Xulián Magariños celebra o fin da súa etapa escolar cunha excursión a Cantabria entre os días 17-21 de abril, acompañado polos profesores Kety Lois e Pedro Núñez. Visitarán os Picos de Europa, Potes, Fuente Dé, Colombres, Unquera, a cova de Altamira, Santillana del Mar e o Parque de Cabárceno entre outros lugares de interese turístico. Hoxe nos envían unha foto dende a estación superior do espectacular teleférico de Fuente Dé, nos Picos de Europa. (clicando nela podedes ampliala) Feliz viaxe! O Servizo de Voluntariado Social do Concello de Negreira vén de clausurar o seu Obradoiro anual de informática para adultos que foi impartido ao longo dos últimos meses nas dependencias da Casa da Cultura, a cargo dos voluntarios, José Ángel Nouche e Alicia Varela, ésta última, alumna do Ciclo Superior de Sistemas Informáticos en Rede, do IES Xulián Magariños. O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, xunto co director do instituto, Adelino Pose Reino, e maila técnica do Voluntariado Social, Laura Plata, encargáronse da entrega de diplomas a tódolos asistentes a este periodo de formación que se prolongou dende o pasado mes de setembro. |