Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
all day
all day
Excelente traballo do noso equipo de debate de 1ºBACH. Era a primeira vez que participaban nesta actividade despois de ser campións o curso pasado no Club de Debate da Lingua. Parabéns a Alba, Brais, Candela e Fátima tiveron un comportamento excelente e un nivel de traballo elevadísimo durante estas semanas. Gañaron dous dos tres debates nos que participaron e recibiron moi boas valoracións por parte dos diferentes xurados. all day
As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. REFERENCIA NORMATIVA | 14
| 15
| 16
all day
O alumnado de Cultura e Lingua portuguesas estiveron a facer unha serie de enquisas entre a veciñanza da nosa comarca para ver o grao de coñecemento que se ten na mesma do país irmán. Este é o primeiro dos vídeos destas enquisas. Foi realizado por Laura Fresco Rey e Milena Silva Antelo de 4º ESO. | 17
all day
Noraboa ao alumnado do IES Xulián Magariños que gañou o premio ao mellor dossier do Parlamento Xove 2017! all day
O noso centro participou en todas as modalidades de IV Olimpíada Filosófica de Galicia (Disertación filosófica, Dilema moral, Fotografía e Curtametraxe filosófica), cuxo tema foi Novas tecnoloxías e identidade humana.
Resultaron seleccionadas para concorrer á fase final, que terá lugar o vindeiro 17 de marzo, na modalidade de Fotografía Filosófica as obras presentadas por Lucía Da Silva Rey de 1BAC-B e Sandra Vilacoba Covas de 3ESO-B.
Pódense ollar todas as fotografías presentadas no seguinte enlace e as curtas neste outro
O programa para a fase final é o que se xunta.
| 18
| 19
|