Eventos
Excelente traballo do noso equipo de debate de 1ºBACH. Era a primeira vez que participaban nesta actividade despois de ser campións o curso pasado no Club de Debate da Lingua. Parabéns a Alba, Brais, Candela e Fátima tiveron un comportamento excelente e un nivel de traballo elevadísimo durante estas semanas. Gañaron dous dos tres debates nos que participaron e recibiron moi boas valoracións por parte dos diferentes xurados.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación da solicitude de inscrición estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación da solicitude de inscrición estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017.
As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
REFERENCIA NORMATIVA
O alumnado de Cultura e Lingua portuguesas estiveron a facer unha serie de enquisas entre a veciñanza da nosa comarca para ver o grao de coñecemento que se ten na mesma do país irmán.
Este é o primeiro dos vídeos destas enquisas. Foi realizado por Laura Fresco Rey e Milena Silva Antelo de 4º ESO.
Noraboa ao alumnado do IES Xulián Magariños que gañou o premio ao mellor dossier do Parlamento Xove 2017!
SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Está aberto o prazo hasta o 20 de marzo para entregar as solicitudes de admisión neste centro
NOVIDADES
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou unha orde que modifica a Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado.
O obxectivo é facilitar o procedemento e xestión tanto para os/as solicitantes como para os centros por medio dunha aplicación informática "admisionalumnado".
Poden atopar máis información na web da Consellería
REFERENCIA NORMATIVA
Decreto 254/2012 de 13 de decembro
Orde de 12 de marzo de 2013 (procedemento de admisión). Corrección de erros
Debido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá mércores e pasado xoves parte do transporte escolar nalgunhas zonas.
A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a seguinte decisión:
A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra
A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
O Concello de Negreira atópase incluído na zona climática Interior da Coruña. (Ver descrición de zonas de predición meteorolóxica)
Máis información no Portal da Consellería de Educación
IMPORTANTE: Xa se poden consultar as listaxes provisionais de adxudicación das axudas para cursos de inglés, na web da Consellería de educación. Hai 10 días para completar documentación ou facer reclamacións ou renuncias.
A Consellería de Educación convoca 682 prazas dirixidas a alumnado de ESO e bacharelato para realizar cursos de inglés de 1 ou 2 semanas, cursos que terán lugar en Galicia. As familias deberán abonar unha parte variable do custo total en función da puntuación acadada no proceso de selección. O prazo de solicitude remataba o 27 de marzo
O agradecemento de toda a Comunidade Educativa do IES a Fundación María Esperanza Rubido Romero pola donación dunha colección de libros sobre a vida da muller que da nome a súa fundación.
Fotos da visita didáctica realizada este xoves 6 de abril, polo alumnado da materia 2º Idioma Portugués de 4º ESO e de Cultura e Idioma Portugués de 1º de Bacharelato ao norte de Portugal visitando o Castelo de Guimarães e a Capela do Paço dos Duques de Bragança entre outros lugares. Foron a compañados polos profesores, Nuria Arauxo García, María Rey Rey e Xosé Amancio Liñares Giraut. Organizou departamento de Lingua Galega.