Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Dentro do programa de titoría entre iguais organízanse actividades conxuntas entre alumnado de 1º e 3º de ESO para facilitar o intercambio de ideas e o coñecemento mutuo. Estes días tocan unhas divertidas yincanas. Fotos da reunión de hoxe na Xefatura Territorial da Coruña entre o Xefe Territorial, Indalecio Cabana Leira e o Director do IES Xulián Magariños, Adelino José Pose Reino. Nesta reunión o Xefe Territorial comprometeuse a realizar as obras para a construción dun aparcadoiro frontea Rúa Teresa Fabeiro, tamén enviará a un técnico da xefatura para revisar o estado da calefacción do edificio principal, en vistas de cambiala, xa que ten unha antigüedade de 30 anos. Interesantísima exposición de maquetas de plastilina sobre a célúla eucariota feita polo alumnado de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía coordinado pola profesora Luisa Nieto. Lugar: Final do corredor edificio novo. |