Eventos
Hoxe nos Recreo Lúdicos (organizados pola Anpa A Barcalesa), celebrouse o Día da Paz, unha das actividades foi unha sentada dos alumnos representando a palabra PAZ.
O vindeiro martes 31 de xaneiro, nas dúas horas da tarde, o alumnado de 4º ESO B, 1º BAC B e 2º BAC B acudirá a unha charla sobre romanización en Galicia organizada polo Depto. de Linguas Clásicas.
O departamento de Comercio do noso centro participará nun proxecto de elaboración de material didáctico para a aula sobre configuración dunha tenda no CRM "PrestaShop" e posicionamento SEO en internet. O proxecto está coordinado dende o centro IES Chan do Monte (Marín) e participan tamén o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e o CIFP La Laboral de Gijón
Na interesantísima conferencia sobre polímeros que nos deu o pasado martes o catedrático da USC D. José Ramón Leis Fidalgo poidemos aprender sobre a altísima resistencia da seda da araña e como diversas compañías e grupos de investigación de todo o mundo intentan replicar a súa obtención mediante bioenxeñería.
FOTO: Tea de araña cuberta pola xeada no peche do instituto. J.García
O vindeiro xoves día 9 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de BAC acudirá a Santiago de Compostela a visitar as facultades universitarias. Sairán a segunda hora e regresarán a última, habendo clase a primeira hora.
Escaparate do día de S. Valentín feito polo alumnado de 1º Ciclo medio de comercio
(ver mini video no Facebook do instituto)
Dentro do programa de titoría entre iguais organízanse actividades conxuntas entre alumnado de 1º e 3º de ESO para facilitar o intercambio de ideas e o coñecemento mutuo. Estes días tocan unhas divertidas yincanas.
Fotos da reunión de hoxe na Xefatura Territorial da Coruña entre o Xefe Territorial, Indalecio Cabana Leira e o Director do IES Xulián Magariños, Adelino José Pose Reino.
Nesta reunión o Xefe Territorial comprometeuse a realizar as obras para a construción dun aparcadoiro frontea Rúa Teresa Fabeiro, tamén enviará a un técnico da xefatura para revisar o estado da calefacción do edificio principal, en vistas de cambiala, xa que ten unha antigüedade de 30 anos.
Interesantísima exposición de maquetas de plastilina sobre a célúla eucariota feita polo alumnado de 1º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía coordinado pola profesora Luisa Nieto. Lugar: Final do corredor edificio novo.
O 23 de febreiro de 9:30 a 11 o departamento de Economía organiza unha charla titulada "Eduemprende", na que un membro do IGAPE e un ex alumno do centro que creou a súa propia empresa falarán para o alumnado de 1º de Comercio, 2º de ASIR e 2ª BAC B (Economía)
No hall do 1º andar pódese ver a cúpula xeodésica que construiu o alumnado de 2º ESO Agr, con axuda do alumnado de 1º de Bach. da materia de "Modelado e impresión 3D" que aportaron os conectores pentagonais. Unha serie de paneis informativos axudan a entender as vantaxes, usos e forma de construcción destas interesantes estruturas.
O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da gran escritora galega. Con motivo desa especial data, o alumnado de 3º de ESO, dentro das actividades organizadas polo equipo de dinamización lingüística, comenta para todos nós algúns dos seus poemas.
"Adiós ríos, adiós fontes" Sara e Gabriela
"Nasín cando as prantas nasen" Álex e Jorge
"Negra sombra" María
"Pra a Habana" Inés
"Quen ten mozo?" Ivan, Daniel , Alejandro
Poemas da emigración de Rosalía de Castro. Iria
"De soidás morríase" Lucía
"Por que?" Manuel
"Hora tras hora, día tras día" Pilar
"Campanas de Bastabales" Cristina
"Negra sombra" Noelia
"Miña casiña, meu lar" Pablo
VIDEOPOEMA: Adiós ríos, adiós fontes . Adriana
A RAG (Real Academia Galega) comparte na rede a colección de retratos que posúe de Rosalía.(acceder aquí)
Deixámosvos tamén unha ligazón á web do cantautor Amancio Prada onde podedes atopar unha magnífica versión da súa clásica adaptación musical do poema "Adiós ríos, adiós fontes". Disfrutádea.
O venres 24 de febreiro a 5ª e 6ª horas tivo lugar o tradicional festival de entroido con concurso de disfraces incluído. Participou o alumnado de ESO, FP Básica y Ciclo Medio de Comercio.
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
A "Voz de Galicia" informa sobre o aumento de comportamento autolesivos en adolescentes.