Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.
Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.
Que ocupacións desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Ciencias aplicadas I | 175 |
Comunicación e sociedade I | 206 |
Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos | 117 |
Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría | 175 |
Operacións básicas en instalación de xardíns, parques e zonas verdes | 117 |
Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes | 120 |
Actividades de rego, abonado e tratamentos en cultivos | 157 |
Ciencias aplicadas II | 162 |
Comunicación e sociedade II | 135 |
Formación en centros de traballo | 320 |
Materiais de floraría | 119 |
Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas | 135 |
Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.
Que título se obtén?
Título profesional básico en Agroxardinaría e composicións florais.
A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Agraria
- Industrias alimentarias
- Seguridade e medio ambiente
Currículo: Agroxardinaría e composicións florais
Máis información en: