Calendario de probas finais de 1º BAC

Espeleoloxía

Nesta páxina iremos informando da organización do novo ciclo medio de Espeleoloxía, que se está tramitando para o seu inicio no vindeiro curso.

 

Probas prácticas de acceso ao ciclo:

           Prazo para anotarse para a realización das probas: ata o día 26 de xuño

           Data das probas: 15 de xullo de 2024.    Lugar: IES Plurilingüe San Rosendo

Contidos do ciclo:

Guía básica de ensinanzas deportivas:

Xornada de Portas Abertas - Finca A Granxa

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024

Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo e poderá facelo todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos).

 a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación Premios Edu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

Calendario Probas libres Ciclos Formativos

Actualizada a información do calendario de probas libres 2024 e programacións dos módulos.

Distribuir contido