Traballos navideños de floristería
Enviado por jcarlosgb o Xov, 14/12/2023 - 20:00
O noso alumnado de 2º FPB traballou arreo na elaboración de varias decoracións e adornos navideños que logo usaron para montar unha exposición. Quedaron e quedamos satisfeitos por todo o aprendido, que seguro será de proveito nun futuro próximo. |
||
Exposición Juana de Vega
Enviado por jcarlosgb o Lun, 27/11/2023 - 08:14
A fundación Juana de Vega trouxo a Mondoñedo a exposición conmemorativa “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) Facer no século”. Despois de pasar polo Auditorio Pascual Veiga, o noso centro tivo a sorte de poder desfrutala nos corredores da planta baixa. O concello de Mondoñedo facilitou todos os trámites e encargouse de montala no noso edificio para que toda a comunidade educativa tivese acceso a ela. Moitas grazas! |
Prácticas de procesadora
Enviado por jcarlosgb o Dom, 26/11/2023 - 20:00O noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural desprazouse a Vilapedre a realizar unha pequena práctica cunha procesadora real, aplicando así todo o aprendido no simulador.
Saídas deportivas en novembro
Enviado por jcarlosgb o Xov, 16/11/2023 - 20:00No mes de novembro, alumnado de 3º e 4º de ESO competiu en Viveiro nunha carreira onde puideron poñer a proba as súas capacidades de orientación. |
Pola súa parte, alumnado de 2º ESO visitou Lourenzá no marco dunha xornada de Xogade centrada na convivencia e práctica deportiva non competitiva nas instalacións de Santa Cruz. |
Concurso V Ciberliga Pre-Amateur
Enviado por jcarlosgb o Mér, 15/11/2023 - 07:55O noso equipo finalista da V Ciberliga de Ciberseguridade, modalidade Pre-Amateur xa está competindo en Aranjuez.
Moita sorte! E sobre todo gozade da experiencia!
Editado: Noraboa por ese 12º posto final, un gran mérito logo de competir desde o inicio con máis de 600 equipos!
Saída ás setas
Enviado por jcarlosgb o Lun, 13/11/2023 - 09:48Aínda que o tempo no mes de novembro non foi moi beneficioso para a aparición das setas, o alumnado de PDC, BAC e Ciclos aventurouse na busca dalgún exemplar para expoñer. E aínda algún trouxeron, como podemos ver nas fotos. Polo camiño tamén deron cunha posta de ovos de ra, dando maior valor didáctico á saída, aínda que esta si que quedou evolucionando na poza onde se atopou. | ||
Magosto 2023
Enviado por jcarlosgb o Dom, 12/11/2023 - 20:00
Coma todos os anos este mes de novembro celebramos o Magosto degustando castañas asadas e compartindo uns bos momentos de compañeirismo e convivencia. |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »