Vales de material

Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2022-2023. O alumnado solicitante de axudas para adquirir material escolar que se matriculou no periodo ordinario (xuño-xullo) e devolveu todos os libros que tiña en préstamo do curso 2021-2022 pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas.

 

 

Premiados proxectos empresariais dos alumnos de Ciclos Formativos do IES San Rosendo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo.

O terceiro premio foi para os alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.

 

 

A alumna do IES San Rosendo, Cristina Ares Rivas, gaña a medalla de ouro nas Skills de Florería no campionato galego da FP Galicia Skills 2018

 

 

Cristina Ares Rivas, de Abadín e alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, levou a medalla de ouro na competición de floraría. A súa titora foi Ángeles Camino Saco.

Ao recibir a medalla de ouro competirá, representando a Galicia, nos premios a nivel estatal, Spain Skills 2019.

 

http://www.cronica3.com/2018/11/a-alumna-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-cristina-ares-rivas-participa-nas-galicia-skills/

http://xornaldamariña.gal/sociedade/9272-os-marinaos-francisco-lomban-e-cristina-ares-ouro-no-campionato-galego-da-fp-2/

 

María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

 

A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .

 

 

María González Carvajal coa profesora Sara Buide

A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios

A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia

 

 

 

Iria Bermúdez Barreira, de 2º de ESO, premiada no concurso Atrévete a ter unha idea

A alumna de 2º de ESO Iria Bermúdez Barreira foi premiada no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

Instrucións ás familias sobre a aplicación abalarMóvil

 espazoAbalar - Inicio

 
Distribuir contido