Visita á cova do Rei Cintolo
29-10-18
O sábado pasado alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo participaou nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, actividade organizada pola Asociación de pais e nais do centro. Organizados en dous grupos disfrutaron das espectaculares formacións xeolóxicas que a auga foi creando na pedra caliza, así como das salas da considerada a cova máis grande de Galicia. A Anpa agradece ao Concello de Mondoñedo a súa colaboración, xa que a actividade non supuxo custe algún para os nenos e pais e tamén ao estupendo guía que explicou todo dunha maneira tan profesional.