Programa Naturézate 2018. Plan Proxecta
PLAN PROXECTA: PROGRAMA NATURÉZATE
O departamento de Ciencias Naturais do IES San Rosendo participou este ano tamén dentro do Plan Proxecta no seu Programa Naturézate con varias actividades.
Entre elas estivo "Voando no inverno", na que o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de Bacharelato realizou un roteiro ornitolóxico
pola costa de Ribadeo (ZEC As Catedrais) e a Ría de Ribadeo (humidal protexido e zona RAMSAR).
Con binoculares, telescopios terrestres e guías de campo, durante a mañá e parte da tarde do 17 de xaneiro puidéronse observar numerosas especies de aves
acuáticas, moitas delas invernantes: patos rabudos, asubiadores, cercetas, mazaricos reais, águias peixeiras, cullereiros, pilros, corvos mariños...
O alumnado deseñou un folleto informativo antes do roteiro para coñecer as principais especies, e tamén unha páxina web con información sobre algunhas
das aves invernantes que se poden observar na zona. Os estudantes enviaron os datos dos seus avistamentos a través da plataforma internacional eBird.