Os alumnos de Bacharelato visitaron Celanova, Bande e Ourense.
O pasado día 26 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato fixeron unha visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, deténdose especialmente na capela mozárabe de San Miguel. Posteriormente achegáronse á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e ao campamento romano de Aquis Querquennis. Pola tarde fixeron un pequeno recorrido pola cidade de Ourense, cunha parada nas súas famosas Burgas.
Durante a visita ao mosteiro de San Salvador, alumnos e profesores foron recibidos moi cortesmente por D. José Luis Ferro, alcalde de Celanova, en atención á vinculación con S. Rosendo que une a Mondoñedo e Celanova.