A Tradescola organizou un obradoiro de regueifas no IES San Rosendo de Mondoñedo
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegouse ao IES San Rosendo de Mondoñedo para impartir un obradoiro de regueifas o lúns día 25 de abril. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.
O obradoiro foi impartido por Josinho da Teixeira, mestre regueifeiro da contorna de Vigo, que leva recorrido Galicia denda hai anos levando a improvisación e a tradición da música oral de Galicia por todolos rincóns do país.
@s alumn@s de 4º da ESO do IES San Rosendo coñeceron a historia do arte da improvisación en todo o mundo, centrándose na regueifa con mais presenza en Galicia, onde traballaron o ritmo, a técnica, a rima así como a improvisación.