Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Convocatoria 2014
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
CONVOCATORIA 2014
REQUISITOS DE INSCRICIÓN GRAO MEDIO: Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e teña cumpridos dezasete anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.
ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA:
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.
EXENCIÓNS
Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten unha das seguintes circunstancias:
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
As persoas que soliciten a exención parcial da proba deberán formulalo no momento da inscrición.
Non cumprirá que acheguen a documentación académica que tivera que ser expedida por centros de ensino público de Galicia, agás que lles sexa demandada; no resto dos casos á solicitude deberáselle achegarlle a documentación acreditativa correspondente, orixinal ou copia compulsada, de acordo co seguinte:
a) Exención da parte sociolingüística da proba:
- Certificación académica de ter superados os ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.
b) Exención da parte matemática e da parte científico-técnica da proba:
- Certificación académica de ter superado o ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.
c) Exención da parte científico-técnica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:
- Certificación académica de ter superados os módulos profesionais (exceptuando o módulo de formación en centros de traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.
- Certificado de profesionalidade de calquera nivel, consonte o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
- Acreditación como mínimo dun ano de experiencia laboral en xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballara. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.
No caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación para presentar será:
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación (vida laboral). No caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.
No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación para presentar será:
- Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores autónomos.
CALENDARIO PROBAS 2014
Fechas de inscripción: 31 de marzo- 15 abril
Publicación das listaxes provisorias (de inscrición, de exencións, de proba adaptada): 28 abril
Reclamación contra as listaxes provisorias: 29 abril- 5 maio
Publicación das listaxes definitivas (de inscrición, de exencións, de proba adaptada): 15 maio
Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros de inscrición que teñen adscritos : 20 maio
Celebración da proba : As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 4 de xuño de 2014 no horario que se indica deseguido:
- Ás 9:00 horas: presentación.
- Das 10:00 ás 13:00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16:00 ás 18:00 horas: parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
Publicación da listaxe de cualificacións provisorias : 13 xuño
Reclamación contra a listaxe de cualificacións provisorias: 16 - 18 xuño
Publicación da listaxe de cualificacións definitivas: 27 xuño
Entrega de certificados nos centros: A partir do 30 de xuño
Recursos ás cualificacións definitivas de probas de acceso: 30 de xuño - 26 de xullo
Resolución administrativa: 30 xuño- 30 setembro
Máis información en: