O IES San Rosendo gañou un dos premios dos Polos Creativos da Xunta
O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, gañou na categoría de Secundaria na provincia de Lugo o Premio ao Mellor recurso de comunicación cultural/social, con un traballo feito polo alumnado de 1º da ESO. Este traballo pon en valor a cultura tradicional e a comunicación interxeracional coa recreación de xogos tradicionais empregando material de refugallo.
- A nova en A Mariña Xá: https://galiciaxa.com/2023/06/amxa/zonas-amxa/mondonedo-amxa/213056/
- A nova en La Voz de Galicia: https://media.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2023/06/02/aprende-polos-creativos/00031685724740858731120.htm