Información sobre a organización do final de curso

Estimadas persoas proxenitoras/persoas titoras legais:

Atendendo ás medidas de prevención e hixiene determinadas na Resolución do 22 de maio de 2020 pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a reapertura parcial dos centros educativos non universitarios como consecuencia da situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, é preciso establecer un protocolo de actuación co fin de asegurar a realización dos procedementos que a continuación se relacionan, en condicións de seguridade evitando a presenza de agrupacións de persoas.

A continuación detállanse o protocolo a seguir para o que resulta imprescindible a súa colaboración:

  1. ENTREGA DE NOTAS DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE 2º DE BAC: 23 de XUÑO (mércores) ás 14:00 na aula de referencia.
  1. RECLAMACIÓNS: 24 e 25 de XUÑO.
  1. ENTREGA DE NOTAS ESO E 1º de BAC: 25 de xuño (venres) ás 10:30 na aula de referencia.

    1. PUBLICACIÓN EN ABALAR: 25 de XUÑO.

    2. RECLAMACIÓNS: 28 e 29 de XUÑO.

     
  2. MATRÍCULA e/ou DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO e/ou PORTÁTILES ABALAR + KIT DE CONEXIÓN, DEVOLUCIÓN LIBROS DA BIBLIOTECA:

    1. Calendario:


CURSO

DÍA

ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

25 e 28 de XUÑO

ALUMNADO DE 1º BAC

28 de XUÑO

ALUMNADO DE 4º ESO A

29 de XUÑO

ALUMNADO DE 4º ESO B

 

30 de XUÑO

ALUMNADO DE 3º ESO A / 3º PMAR / FPB

 

1 de XULLO

ALUMNADO DE 3º ESO B

2 de XULLO

ALUMNADO DE 3º ESO C

5 de XULLO

ALUMNADO DE 2º ESO A / 2º PMAR

6 de XULLO

ALUMNADO DE 2º ESO B

7 de XULLO

ALUMNADO DE 1º ESO A

8 de XULLO

ALUMNADO DE 1º ESO B

9 de XULLO

 

    1. O alumnado procederá do seguinte xeito:

      1. ALUMNADO DE 2º DE ESO: irá primeiramente á aula de Ollomao para devolveros libros de texto. A continuación devolverá na Biblioteca os libros que teña pendentes na mesma e, finalmente, irá á Secretaría a formalizar a matrícula.
        Únicamente terán que devolver os portátiles E-dixgal os alumnos que deixen o centro este curso, pois o programa E-dixgal continuará en 3º e 4º da ESO.

      1. ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º E 4º DE ESO QUE TEÑA QUE DEVOLVER LIBROS DE TEXTO: entrará pola porta lateral do edificioe irá a Ollomao para proceder á devolución dos libros de texto e a continuación irá á Biblioteca (se ten libros que devolver) e logo á secretaría para formalizar a matrícula.

      1. O ALUMNADO QUE NON TEÑA QUE DEVOLVER LIBROS DE TEXTO NIN PORTÁTILES: pode formalizar a matrícula para o vindeiro curso presencialmente na secretaría do centro o día sinalado. É necesario traer cubertos os impresos que se atopan na páxina web do centro.

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

  1. Os libros deben estar en bo estado, forrados e sen anotacións ou marcas non comunicadas a comezo de curso (en caso de estar escritos a lapis, deberán ser borrados).

  2. En caso de que o alumnado teña algunha materia pendente para setembro, poderá quedar co/s libro/s de texto .

 

 PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A MATRÍCULA

  1. Os impresos están dispoñibles na páxina web do instituto en formato editable: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanrosendo/node/1317

  2. Deben ser cubertos, impresos e entregados asinados no centro, na data sinalada xunto coa documentación pertinente. As fotografías deben ser recentes e co nome por detrás.

  3. Solo o alumnado que se vai matricular en 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato debe abonar a taxa do seguro escolar (1,12 €).

  4. O alumnado que teña unha ou dúas materias suspensas pode matricularse neste período ordinario.

 

MEDIDAS ESPECIAIS DE SEGURIDADE

  1. Deben traer bolígrafo pois trataremos de evitar compartir material.

  2. É obrigatorio o uso de máscara.

  3. Débese respectar a distancia de seguridade.

 

Mondoñedo, 15 de xuño de 2021.

 

Reciban un cordial saúdo.