AVISO. Normas COVID 19 para a recollida do alumnado
1.- Non se permitirá a entrada a persoas alleas ao centro durante o período de lecer nin nos cambios de clase. Deberán manter as distancias, levar mascarilla e desinfectarse con xel hidroalcohólico.
2.- Os proxenitores ou persoas autorizadas poderán recoller ao alumnado asinando no libro-rexistro, pero non durante o recreo nin nos cambios de clase, nin coincidindo coa saída a última hora.
3.- Os proxenitores que desexen recoller aos seus fillos/as á saída do centro, e non facer uso do transporte nin do comedor, deberán traer autorización asinada o día anterior. De non ser así, o alumno/a fará uso do trasporte como lle corresponde.
4.- De ser necesario vir recoller ao alumnado para citas médicas, etc.. e volver traelo, dita recollida e entrega farase de xeito que non coincida cos cambios de clase nin co recreo. De coincidir, deberán esperar fora do recinto.