Avaliación do segundo trimestre, curso 2019-2020
A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, seguindo instruccións da Consellería de Educación, o centro educativo procederá a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.
Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, o peche da avaliación do segundo trimestre procederá a formalizarse co traballo desenvolvido ata o venres 13.
No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.
As notas publicaranse telematicamente a través do espazo Abalarde xeito automático o día 3 de abril ás 15:30h, como xa se ven facendo os últimos cursos.