Skip to Content

Entrega de premios da VI edición do concurso escolar “Cantamos con las manos”

‘O mércores 24 de maio celebrouse no Politécnico de Santiago de Compostela a entrega de premios da VI edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos española “Cantamos con las manos” promovido pola FAXPG , e os alumnos e alumnas de 4ESO C de Música, foron recoller a Mención de Honra que lles foi outorgada.

A experiencia foi marabillosa e moi enriquecedora.

Noraboa polo premio!!’

MÁIS FOTOS AQUÍ

Visita á facultade de filoloxía da UDC

Hoxe, 23 de maio, alumnado de 4º ESO C e 1º BAC B, visitaron a Facultade de Filoloxía (UDC). Ademais de asistir a unha charla sobre os estudos que se poden realizar e as saídas profesionais, visitamos as súas instalacións: Aula Magna, Aulas de Idiomas e a Biblioteca.

Moitas grazas a Félix Córdoba, Decano da Facultade, pola súa atención co noso alumnado e profesorado acompañante.

Premios extraordinarios da ESO á superación persoal

Hoxe o noso alumno Anxo Fernández Santamaría recibiu en Santiago de Compostela o merecidísimo premio extraordinario da ESO á superación persoal. Parabéns, Anxo. Estamos moi orgullosos de ti e moi honrados por termoste acompañado no teu camiño na ESO e seguir facéndoo no Bacharelato.

ACTUACIÓNS FINAL DE CURSO 2º BAC

 O calendario que segue está elaborado segundo as  Instrucións do 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas  e das decisións de promoción e titulación para o curso 2022-23

De non estar conformes coas cualificacións, o alumnado de 2º de Bacharelato maior de idade, ou as persoas que o representen no caso de seren menores de idade, poderán solicitar unha revisión da cualificación das materias de que se trate. 

A primeira revisión sería dirixida á Dirección do centro, e de persistir o desacordo poderían solicitar unha reclamación ante Xefatura Territorial. 

As reclamacións faranse cubrindo os impresos correspondentes, e dentro das datas indicadas para cada caso:

É preciso ter solicitado revisión no centro antes de reclamar en Xefatura Territorial. En ambos casos entregarase en Administración o impreso correspondente, debidamente cuberto e asinado, con rexistro de entrada. 

ACTUACIÓN DE FIN DE CURSO PARA 1º DE BACHARELATO

 O calendario que segue está elaborado segundo as  Instrucións do 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas  e das decisións de promoción e titulación para o curso 2022-23

De non estar conformes coas cualificacións as persoas que representen ao alumnado menor de idade, poderán solicitar unha revisión da cualificación das materias de que se trate. 

A primeira revisión sería dirixida á Dirección do centro, e de persistir o desacordo poderían solicitar unha reclamación ante Xefatura Territorial. 

As reclamacións faranse cubrindo os impresos correspondentes, e dentro das datas indicadas para cada caso:

É preciso ter solicitado revisión no centro antes de reclamar en Xefatura Territorial. En ambos casos entregarase en Administración o impreso correspondente, debidamente cuberto e asinado, con rexistro de entrada. 

ACTUACIÓNS DE FINAL DE CURSO NA ESO

Concurso de deseño de bolsas de tea

Coa finalidade de incentivar a creatividade e de difundir mensaxes que poñan en valor o galego, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) convócase este certame de deseño de bolsas de tea (tote bag).

Para participar debes pensar no deseño e frase/lema/verso en galego, recoller a túa bolsa de tea en branco durante un recreo na zona da biblioteca, deseñala coas técnicas que ti queiras (rotuladores téxtiles ou permanentes, estampación, bordado, cosido…) e entregala ao concurso (e despois lucila canto máis mellor!).

Consulta os premios e as bases completas no documento anexo.

O IES Rego de Trabe Campión Galego de Carreiras de Orientación a Pé!!!

No día de hoxe, sábado 6 de maio, 5 orientadoras e 5 orientadores do IES Rego de Trabe participaron no IES Universidade Laboral de Ourense no Campionato Autonómico de Carreiras de Orientación a Pé.

Tras realizar unha magnífica competición, o equipo masculino proclamouse Campión Galego!!!

As rapazas, aínda que non acadaron podium,  acadaron bos resultados individuais.

Agradecemos a colaboración económica do Concello de Culleredo no desprazamento dos participantes. Tamén agradecemos a Autocares Raposo o bo trato e amabilidade.

Parabéns a todos/as!!!

Distribuir contido

by Dr. Radut