Skip to Content

Xustificante de faltas

IMPRESO PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTA A UN EXAME

Nesta ligazón poderá acceder ao modelo de xustificante de falta a un exame. Deberá ser cuberto e asinado por un responsable legal do alumno ou da alumna que teña faltado a un exame ou que saiba con antelación que vai faltar. Será entregado ao profesor ou profesora do exame nun prazo de 24 horas dende o día de reincorporación ao centro, teña ou non clase desa área.

A non xustificación da falta a un exame por este medio implica a perda do dereito a que se lle realice o exame de forma extraordinaria.

IMPRESO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA

Impreso para xustificar as faltas de asistencia do alumnado. Pode imprimilo e cubrilo, ou ben cubrilo en liña e despois imprimilo. De ser o caso, pode cubrilo e asinalo en liña e despois envialo por correo electrónico ao titor ou titora correspondente.

Lembre que todas as faltas deben serr xustificadas nun prazo máximo de 3 días a contar dende o día en que teña faltado a clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut