Skip to Content

Tecnoloxías

SAIDA PARA O ALUMNADO DE 2º ESO

Ao alumnado de 2º ESO que non participa da viaxe ás Cíes, ten programada unha saída á Coruña, na que se visitará o MUNCYT e unha exposición sobre o Guernica, dentro do horario lectivo e costeado polo contrato programa de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía.

Hai dúas semanas foilles entregada a todo o alumnado para o que esta actividade foi deseñada unha autorización, na que os seus responsables legais debían ter autorizado ou non a participación na mesma. 

Aínda sendo fóra de prazo, dado o interés que para o alumnado suporía dita saída, velaí a ligazón á autrorización, que poderá cubrir e entregar en conserxería.

 

HP REVEAL: REALIDADE AUMENTADA

Para poder ver os vídeos e imaxes que son desencadeados polas imaxes do póster, debe instalar no seu móbil ou tableta a aplicación gratuíta HP REVEAL, rexistrarse e seguir a canle IESREGODETRABE. Cando enfoque cada imaxe, accederá á realidade aumentada asociada.

Pasos para atopar a canle IESREGODETRABE e poder ver as súas auras debe proceder do seguinte xeito:

  • presionar sobre a lupa
  • unha vez máis presionar sobre a lupa que aparece na barra de ferramentas da parte inferior da súa pantalla
  • seleccionar canales ou channels
  • escribir IESREGODETRABE na barra de direccións, a continuación da lupa
  • unha vez feito isto, xa presionar sobre o icono que ten forma de cadrado, ao lado da lupa, na barra de tarefas da parte inferior da súa pantalla
  • enfocando sobre cada imaxe, accederá nuns segundos á realidade aumentada

Tanto o póster como as auras (imaxe física que desencadea unha realidade aumentada, visible só a través da aplicación HP REVEAL instalada dun dispositivo móbil) foron realizadas polo noso alumnado da área de TICS de 4º ESO.

 

AS RAPAZAS DA FIRST LEGO League

O sábado 15 de febreiro un equipo formado por dez rapazas de diferentes cursos do IES Rego de Trabe, coordinado por Bea Méndez Mareque, profesora do departamento de Tecnoloxías, viaxará a Ferrol para particiapar na First Lego League, un certame que abrangue unha fase de investigación, unha presentación e unha competición de robots, montados con pezas de LEGO e programados por elas mesmas. Todo isto foi posible grazas a unha beca conseguida para potenciar as tecnoloxías, a ciencia e a robótica entre as rapazas, para que deixe de ser este un campo predominantemente masculino. Despois de semanas de duro traballo pero tamén diversión, quedan só os últmos retoques para amosar todo o que levan aprendido.

Na seguinte ligazón podes acceder a un artículo publicado na primeira plana do xornal La Opinión de A Coruña.

E, unha vez pasado o día do noso estreno nesta competición que cada ano é de maís alto nivel, na seguinte imaxe tedes unha ligazón a un álbum onde vos podedes facer unha idea do ben que aproveitamos o día.

 

A AUTOPISTA DA ELECTRICIDADE: QUE HAI DETRÁS DO ENCHUFE?

O alumnado de tecnoloxía da ESO está facendo unha visita moi interesante organizada e subvencionada pola Rede Eléctrica Española, na que afondarán contidos incluídos no currículo da área: xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.

Xa teñen ido parte de 3º e 4º ESO.  Quedan por ir o resto de 3º ESO e 2º ESO. Se pinchas na seguinte imaxe poderás acceder a un álbum de fotos:

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA

Dende o mes de febreiro ata o mes de Marzo, o alumnado de Tecnoloxía dos cursos 2º, 3º e 4º da ESO, vistarán a Exposición  'Una autopista detrás del enchufe' de Red Eléctrica Española, mostra como se produce e transporta a enerxía eléctrica dende os puntos de xeneración ata onde a consumimos. A exposición está ubicada en Palexco e é gratuita para todos os públicos.

Pinchando na seguinte imaxe poderás acceder a un album de fotos.

 

 

 

VISITA AO CAMPUS DE FERROL NO DÍA DA ENXEÑERÍA

O alumnado de Tecnoloxías de 4º ESO e de 1º BAC foi o pasado venres día 17 de xaneiro co gallo de ver unha mostra do que se pode chegar a facer nunha carreira de enxeñería, a fin de descubrir posibles vocacións, acompañados polas súas profesoras Bea e Mónica. Clica na seguinte imaxe para acceder ao álbum:

 

 

A continuación unha ligazón ao artículo de A Voz de Galicia, edición Ferrol,  e ao Diario de Ferrol, onde fan referencia a esta visita.

II CERTAME DE ROBÓTICA DA EUP DE SERANTES (Campus universitario de Ferrol)

O pasado 29 de marzo de marzo alumnado da área de tecnoloxías de 4 ESO participou no certame que por segundo ano consecutivo organizou a EUP de Serantes, coa intención de espertar e alimentar vocacións para as enxeñerías.

Tendo sido o primeiro ano que nos metemos no mundo da robótica, os obxectivos foron amplamente superados: aprendizaxe antes, durante e despois do concurso, traballo en equipo e diversión. 

Velaí unha pequena mostra fotográfica do que fixemos. 

UN NADAL SEN PILAS

O Alumnado de 3º B de PMAR, que este ano participa, xunto co resto de cursos de 2º e 3º ESO, no programa de reciclaxe de pilas PILABOT, fai estas propostas para a época de Nadal. Premendo no enlace podes descargar o tríptico.

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍAS

  2ESO 3ESO 4ESO 1BACH
PROGRAMACIÓN P2      
TECNOLOXÍAS T2 T3 T4 T1BACH
TIC     TIC4 TIC1BACH

TERCEIROS CLASIFICADOS DO CONCURSO DE ELECTRICIDADE DE UNESA!!!!!!

Rematado xa o concurso, o equipo TRABE03, de 3º ESO, quedou na terceira posición a nivel estatal e primeiros de Galicia!!! Só 5 puntos nos separaron do primeiro e segundo posto... Por nada quedamos sen unha fantástica viaxe a Madrid.

 

Pablo Astray, Marta Capelán, Laura Casas, Marta García e Ainhoa Vieites: PARABÉNS polo fantástico resultado!!!!

 

 Aos equipos de segundo, enhoraboa por terdes participado, e ánimo a seguirvos preparando e a participar o próximo curso, xa en 3º!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut