Skip to Content

Lingua estranxeira: INGLÉS

PROBAS DE ACREDITACIÓN EN LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS

A segunda parte do exame da certificación de inglés, parte oral e listening, será o 26 de xaneiro pola tarde, cada un á hora á que lle foi comunicada e que poden consultar no taboleiro de entrada ao edificio principal.

Deben presentarse media hora antes da convocatoria, co DNI e un pendrive no que teñan o topic  do speaking, no formato en que se lles pediu.

 

O primeiro exame da certificación de inglés, que consta de dúas partes: writing e reading, terá lugar o mércores 19 de xaneiro no salón de actos do edificio principal do IES Rego de Trabe. Normas para acceder ao exame:

 

  • Presentarse ás 9.15 h, co DNI.
  • Non levar móbil nin ningún dispositivo electrónico.
  • Levar só bolígrafo azul ou negro. Nin tipex nin lapis.
  • O exame comeza ás 10.00h. Pasada esa hora ninguén poderá acceder.
  • Remata ás 12.00 h.

 

 

 

 

 

 

31 alumnos e alumnas do IES Rego de Trabe solicitaron a beca para optar á acreditación de inglés, segundo o nivel de competencia nesta lingua. As probas realizaranse no edificio principal do instituto, en dous días:

  • writing and reading: 19 de xaneiro de 2022 ás 10.00 h.
  • listening and speaking o 26 de xaneiro de 2022 no horario que a cada persoa lle será comunicado por AbalarMobil. Será en todos os casos ao longo da tarde, entre as 16.00 e as 20.00 h.

Para acceder ás probas é preciso que presenten o DNI ou pasaporte en vigor.

Deben escoller un tema (topic) que desenvolver na proba de Speaking. Poderán elaborar un guión para esta proba, seguindo as instrucións do ficheiro que se achega.

Neste documento dispoñen de ligazóns a material de interese para a preparación das probas.

No taboleiro da entrada do edificio principal poden consultar os datos das probas que realizará cada un: nivel, data e hora.

O equipo directivo.

 

 

PROBA DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Impreso para solicitar a proba de nivel de linguas estranxeiras

Acceso directo aos blogues do departamento

ESTHER FERNÁNDEZ                            
Distribuir contido


by Dr. Radut