No día de hoxe, sábado 6 de maio, 5 orientadoras e 5 orientadores do IES Rego de Trabe participaron no IES Universidade Laboral de Ourense no Campionato Autonómico de Carreiras de Orientación a Pé.
Tras realizar unha magnífica competición, o equipo masculino proclamouse Campión Galego!!!
As rapazas, aínda que non acadaron podium, acadaron bos resultados individuais.
Agradecemos a colaboración económica do Concello de Culleredo no desprazamento dos participantes. Tamén agradecemos a Autocares Raposo o bo trato e amabilidade.
Parabéns a todos/as!!!