Entre o 18 de outubro e o 25 de novembro realizarase o proceso de renovación parcial do Consello Escolar. Pode consultar a normativa que regula este procedemento.
Comezará coa determinación da composición da Xunta Electoral, formada por un membro de cada un dos sectores da comunidade educativa. Designaranse un titular e un suplente por cada un dos sectores.
A xunta eletoral concretou o calendario de actuacións.
Unha vez rematado o prazo para a presentación de candidaturas, a xunta electoral procede á proclamación e publicación das mesas, que pode consultar aquí.
Celebrado o sufraxio público do proceso electoral, publícase a proclamación das candidaturas electas. Pode consultalo nos expositores do edificio principal e aquí.
Segundo ese calendario, o prazo para presentación de candidaturas abrangue entre o 1 e o 8 de novembro, ámbolos dous días incluídos. Para a presentación de candidaturas debe encherse un impreso que pode obterse na conserxería ou a través das seginters ligazóns (un diferente para cada sector da comunidade educativa):
Podrerá entregalo na administración do centro entre o 5 e o 8 de novembro, ámbolos dous días incluidos, de 8.45 a 13.45 h. ou envialo por correo electrónico a ies.regodetrabe@edu.xunta.gal, indicando no asunto: CANDIDATUTA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.