Skip to Content

PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ESA MÒDULO IV

LUNS, 19 XUÑO MARTES,20 XUÑO MÉRCORES 21 XUÑO

 

   

Ámbito Social

11:30 - 13:10

Ámbito de Comunicación

9:20 - 11:00

Ámbito Cientifico

10:10 - 12:20

 

Inglés

12:20 - 13:10

 

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

O profesorado titor entregará os boletíns de notas, os documentos de consello orientador (de ser o caso)  e o impreso de elección de materias da matrícula do seu grupo de alumnado nas seguintes datas:

  • ALUMNADO DA ESO: 27 de xuño ás 12.00 horas, na aula de referencia do grupo.
  • ALUMNADO DE 1º DE BAC: 23 de xuño ás 10.30 horas,  na aula de referencia do grupo. 
  • ALUMNADO DE 2º DE BAC (CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA): 23 de xuño, hora a convir polos titores. Na aula de referencia do grupo.

O resto dos documentos necesarios para a formalización de matrícula deben recollelos o mesmo día na conserxería. 

De non poder vir nos días e horas establecidos, deberán recoller toda a documentación na administración do centro antes do día que lles toque formalizar a matrícula. 

Poden consultar o prazo e indicacións para formalizar a matrícula do 2023-24.

 

CURSO DE ACREDITACIÓN DIXITA PARA PERSOAS ADULTAS

No mes de xullo  impartiranse dous  cursos de alfabetización dixital orientados a persoas adultas que non estean integrados no sistema educativo. 

Celebrarase de luns a venres na aula de informática do centro, por docentes do IES Rego de Trabe, en dúas quendas: 

  • de 9.00 a 11.00 horas
  • de 11.30 a 13.30 horas,  

É de carácter gratuíto, por estar financiado polo Fondo Social Europeo (FSE)

INSCRICIÓNS: cubrir este formulario antes do 30 de setembro

Para maior información dirixirse ao IES Rego de Trabe, de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, ou os luns de 16.30 a 17.45 horas, ou chamar tamén nese horario ao 881 960 801.

DEVOLUCIÓN DOS EQUIPOS E-DIXGAL DO ALUMNADO

Nos vindeiros días procederase á devolución dos equipos E-Dixgal,  ordenadores e maletín, segundo o calendario:

Luns 19 de xuño:

- 09:20h: 1ºESO D
- 10:10h: 1ºESO E
- 11:30h: 2ºESO B

- 16:20h: 2ºESO A
- 17:10h: 1ºESO A + 1ºESO B

Martes 20 de xuño:

- 10:10h: 2ºESO D
- 11:30h: 1ºESO C
- 12:20h: 2ºESO E
- 13:10h: 2ºESO C

 

2º PMAR: a finais desta semana.

 

O alumnado que o precise para estudar eses últimos días poderá devolvelo o día 21 de xuño. Deberá, porén, indicar este feito á persoa responsable da recollida.

 

Atte, a coordinadora de EDixgal

TEORÍA DA RELATIVIDADE, UNHA CURTAMETRAXE DO ALUMNADO DE 4º DA ESO

O alumnado de 4º D traballou durante varias semanas nun proxecto audiovisual dentro do programa "Culleredo, de cine", impulsado polo Concello de Culleredo. Neste proxecto tiveron unha formación previa sobre a linguaxe audiovisual, planos, técnicas de gravación... e, a partir de aí, comezaron a elaborar a súa propia curtametraxe: idea, elaboración do guión, gravación etc. Aquí está o resultado:

 

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA AS PERSOAS ADULTAS

O IES Rego de Trabe pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración (26 presenciais e 4 de traballo individual), á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso é subvencionado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate conseguirase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderá acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Rego de Trabe, onde contaremos con un ordenador por persoa. A formación recibida será válida para manexarse con internet con outros dispositivos electrónicos, coma os móbiles. 
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 12 e un máximo de 20 persoas. 
 
Haberá, polo de agora, dúas quendas, ambas de luns a venres, do 10 ao 28 de xullo:
  • de 9.00 a 11.00 horas
  • de 11.30 a 13.30 horas

Os días 24 e 25 de xullo non haberá clase por festividade local e autonímica, respectivamente.

 
A inscrición  realizarase preferentemente mediante este formulario. Tamén se pode facer de forma presencial na conserxería do IES Rego de Trabe, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas ou os luns de 16.30 a 17.45 horas. 
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 5 de xullo.
 
A presentación dos cursos terá lugar o día do comezo do curso (10 de xullo), á hora da quenda elixida. 
 
 
 
 
 
 
 

CADERNO DE LUZ

O alumnado de 1ºESO-E estivo elaborando un caderno de luz desde comezo de curso. Cada mércores ás 10:30h foron captando nunha imaxe as variacións cromáticas nas árbores do noso patio e os efectos lumínicos cos que nos deleita o sol en cada estación. Este é o resultado:

 

 

 

CULLERCIENCIA

Este sábado 10 de xuño ten lugar na explanada do paseo marítimo do Burgo Cullerciencia, a V edición da feira de ciencia de Culleredo. E, claro, alí estaremos cunha chea de propostas e proxectos!

Xogos do Club de Ciencias, retos de Talentos Inclusivos, unha curta feita por alumnado de 4º da ESO D e moitas outras cousas.

Convidámosvos a pasar polo stand 16 e a desfrutar de toda esta feira organizada polo Club de Ciencia do CEIP Ría do Burgo en colaboración co Concello de Culleredo.

#iesregodetrabe #regodetrabe #culleredo #cullerciencia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut