O IES Rego de Trabe pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración (26 presenciais e 4 de traballo individual), á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.
O curso é subvencionado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate conseguirase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderá acreditar unidades de competencia de cualificación profesional.
Desenvolverase na aula de informática do IES Rego de Trabe, onde contaremos con un ordenador por persoa. A formación recibida será válida para manexarse con internet con outros dispositivos electrónicos, coma os móbiles.
Cada curso atenderá a un mínimo de 12 e un máximo de 20 persoas.
Haberá, polo de agora, dúas quendas, ambas de luns a venres, do 10 ao 28 de xullo:
- de 9.00 a 11.00 horas
- de 11.30 a 13.30 horas
Os días 24 e 25 de xullo non haberá clase por festividade local e autonímica, respectivamente.
A inscrición realizarase preferentemente mediante este formulario. Tamén se pode facer de forma presencial na conserxería do IES Rego de Trabe, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas ou os luns de 16.30 a 17.45 horas.
Prazo para realizar a inscrición: ata o 5 de xullo.
A presentación dos cursos terá lugar o día do comezo do curso (10 de xullo), á hora da quenda elixida.