Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o alumnado clasificado de 3º ESO e 4º ESO na fase local, participou o martes 21 de marzo no Campionato Intercomarcal de Carreiras de Orientación a Pé.
Nunha xornada na que destacaron o esforzo e o xogo limpo, competiron 38 xogadores e xogadoras as e clasificamos para o Campionato Provincial a 27 competidores e competidoras.
O Campionato Provincial será o vindeiro mércores, día 29 de marzo, en Porto do Son.
Cabe destacar que Manuela Blanco, Antía Mosquera, Sabela Rubín e Brais Vázquez acadaron medalla!
Parabéns polos resultados!!!
Desexámosvos moita sorte!!!