No DOG nº 96 do 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.
Acceso a impreso de solicitude.
Prazo de solicitude: dende 23 de maio 2017 ata o 23 xuño 2017 (ambos incluídos).
Renda: refírese á de 2015 (casiña 380+395 para os que presentaron Declaración; certificado tributario de imputación do 2015 para os que non teñen obriga de presentala)
Solicitude e documentación: vid. páxina 24636 DOG e seguintes.
NOTA: A falta de devolución dos libros de texto e material reutilizable adquiridos coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17 será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.
Toda a información no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.pdf