Este luns 24 de abril, o xeólogo Francisco Canosa impartiu un taller de minerais no noso centro para o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ESO e 1Bacharelato. Esta actividade complementa a visita realizada hai uns meses ao Pico Sacro, preto de Santiago, e ás instalacións da mina de seixo de Serrabal, empresa que conta con este xeólogo para actividades de divulgación.
O obradoiro consistiu en coñecer os distintos minerais segundo as súas propiedades físicas: cor, raia, brillo, dureza, hábito... pero o que máis chamou a atención aos participantes foi o comportamento dalgúns fronte a luz: os que cambian de cor segundo o tipo de luz que incide sobre eles, ou aqueles que teñen preciosas cores se se excitan os seus electróns con luz ultravioleta, en función da súa composición química, estrutura interna ou impurezas de ferro, cinc... ou outros compoñentes que conteñan.
Estaba actividade estaba enmarcada dentro do Plan Proxecta "Paisaxe e sostibilidade" da Consellería de Educación no que participa o IES Rego de Trabe durante este curso.