Skip to Content

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NO IES REGO DE TRABE

 

Dentro do Plan Proxecta SALVAVIDAS, desenvolvido polo departamento de Educación Física, contaremos cunha unidade móbil diante do edificio principal o vindeiro 23 de xaneiro.

 

Ademais de servir de punto de doazón de sangue aberto para toda a poboación, o alumnado de 2º de Bacharelato visitará as instalacións e recibirá información de primeira man.

 

 

 

INTERCAMBIO XERACIONAL

Alumnado de 1º de ESO e usuarios do centro de día de Culleredo están a colaborar nun proxecto interxeracional. Polo de agora recibimos en dúas ocasións a súa visita. Hoxe, despois dunha pequena merendola, adicámonos a facer educación física, nunha sesión diseñada polo alumnado de 1º ESO E. Para mostra este vídeo:

 

 

PUBLICACIÓN DAS NOTAS DA PRIMEIRA AVALIACIÓN. ATENCIÓN DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL.

Poderán ter acceso ás notas da 1ª avaliaición a través de Abalar a partir das 10.00 horas do 22 de decembro.

Por outta banda, para a atención entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro pedirase cita ao ies.regodetrabe@edu.xunta.gal, indicando nome, apelidos, curso e grupo do alumno ou da alumna con relación a quen se desexe tratar.

Atte. o equipo directivo.

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO: VIAXE A PARÍS

O martes, 13 de decembro, ás 20:30h  haberá unha reunión informativa sobre a viaxe de estudos a París, onde se aclararán todas as dúbidas. 

Lugar: Salón de Actos do IES Rego de Trabe.

Atte, Vicedirección.

VIAXE DE ESTUDOS 1º DE BACHARELATO: PARÍS. DO 22 AO 27 DE MARZO DE 2023

Como resultado da sondaxe realizada, temos o proxecto da viaxe a París, do 22 ao 27 de marzo, elaborado pola empresa Kanvoy Viajes.

Para poder facer a reserva en firme da viaxe deben rexistrarse na ligazón co código REGOPARIS2023, onde os datos persoais que se solicitan serán os da persoa responsable do alumno ou da alumna (instrucións no PDF do proxecto da viaxe).

A reserva terá facerse efectiva ata o 20 de decembro, por un importe de 225€.

Atte. Vicedirección.

VIAXE DE ESTUDOS 4º DE ESO: BARCELONA, DO 16 AO 20 DE MARZO DE 2023

 

Documentos da viaxe:

Programa definitivo da viaxe

Instrucións finais

 

Teléfono para emerxencias: 659 930 426

 

 FOTOS DA VIAXE AQUI

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

Están publicados no taboleiro de entrada do edificio principal.

 

Grazas pola súa participación!

 

O equipo directivo.

DÍA NON LECTIVO: 5 DE DECEMBRO

O 5 de decembro de 2022 é non lectivo, polo que a vindeira semana so teremos clase o mércores e o venres.

Atte,

O equipo directivo.

AMPLIACIÓN DO HORARIO PARA A VOTACIÓN DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

LUNS 28 DE NOVEMBRO DE 9.00 A 14.00 E DE 16.00 A 19.00.

Atte.

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut