Publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24
De acordo con estas instrucións:
NIVEIS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL:
A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2023/24.
b) Por superar unha proba específica de acreditación das competencias dixitais de nivel intermedio.
c) Por obter o título de bacharel no curso 2023/24 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.
ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE ESO:
1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO:
1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 (Seguridade e privacidade) do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.
5. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
SOLICITUDE E INSCRICIÓN NAS PROBAS ESPECÍFICAS:
O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV. QUE DEBERÁ ENTREGAR NA CONSERXERÍA DO CENTRO OU ENVIALO POR CORREO ELECTRÓNICO A ies.regodetrabe@edu.xunta.gal, ata o 11 de marzo ás 14.00 horas.
Poden pedir o anexo en conserxería.