Skip to Content

Admisión e matrícula 2024-2025

Solicitude de admisión para alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos: do 1 ao 20 de marzo de 2024.

1. PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Realizarase preferentemente de forma electrónica
  • Poderá realizarse de forma presencial mediante o modelo ED550B no centro educativo. De querer levar unha copia do mesmo, terana que traer. No centro non se farán copias a tal efecto.

2. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: Documento oficial de identidade das persoas proxenitoras ou titoras legais (DNI, NIE ou pasaporte), fotocopia do libro de familia, libro de familia numerosa (de ser o caso), sentencia de separación ou de divorcio (de ser o caso), documentación acreditativa de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (de ser o caso), certificación académica (de ser o caso).

 

3. NORMATIVA REGULADORA E LEXISLACIÓN:

Nas seguintes ligazóns poden acceder ás ordes que regulan o proceso de admisión de alumnado para o ano académico 2024-25.

1. DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

3. INSTRUCIÓNS XERAIS E CALENDARIO

4. Oferta de postos escolares

5. Áreas de influencia e centros adscritos

6. Servizos complementarios

7. Criterios xerais de baremación 

8. Anuncio do sorteo anual de letras de prioridade para resolver empates

9. O criterio complementario aprobado polo consello escolar o 29 de febreiro de 2024 é o que segue: 

CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO

No caso de que sexa precisa a baremación das solicitudes de admisión, no apartado correspondente ao criterio complementario aprobado por cada centro, lo consello escolar do IES Rego de Trabe aproba o 29 de febreiro de 2024 que se outrogrará un punto ás solicitudes dos estudantes que acrediten estar nunha das seguintes condicións:

  • Cursando estudos da Escola Oficial de Idiomas (mediante certificado de estudos ou matrícula).

  • Cursando estudos no Conservatorio Profesional de música (mediante certificado de estudos ou matrícula).

  • Ser deportista de alto nivel ou de alto rendemento (mediante certificado da federación do deporte de que se trate).

Outorgarase a un punto a o alumnado que acredite estar nunha das seguintes condicións:

  • Crursando estudos da Escola Oficial de Idiomas (mediante certificado de estudos ou matrícula)
  • Cursando estudos no Conservatorio Profesional de música (mediante certificado de estudos ou matrícula)
  • Ser deportista de alto nivel ou de alto rendemento (mediante certificado da federación do deporte de que se trate)

9. As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

NOTA: Contra estas listaxes cabe interpoñer recurso de alzada



page | by Dr. Radut